








No hospital Alvaro Cunqueiro acondicionouse unha estanza para que nela poidan xogar os nenos que permanecen ingresados na unidade de pediatría. Os alumnos de primeiro de COMO (Ciclo medio de Confección e Moda) colaboraron confeccionando uns coxins.
Deste xeito, os nenos poderán pasalo ben e esquecer por un tempo as súas enfermidades.
Aquí pódese ver aos alumnos implicados no proceso de confección.
Fermoso xesto, verdade?