Conferencia de María Almazán, de Latitude, no Manuel Antonio

O mércores 22 de marzo, tivemos a sorte de poder escoitar a María Almazán. Veu ao colexio a nos contar  dun xeito moi ameno, o seu proxecto baseado nun modelo de produción máis xusto e sostible.

Desexámoslle moita sorte nas súas aspiracións e agradecémoslle que pensase en Galicia para establecer a rede de talleres de Latitude.

Quen sabe, se cadra os alumnos do Manuel Antonio un día poidan traballar con ela producindo unha moda máis xusta, sostible e ecolóxica.