Apertura do curso escolar de FP no IES San Rosendo de Mondoñedo

O día catro de outubro  celebrouse o acto de apertura do curso escolar no IES San Rosendo de Mondoñedo. Con este motivo,  no pavillón do centro fíxose unha exposición de proxectos innovadores de FP que desenrolan dez centros de Galicia adheridos ao proxecto INNOVA. O noso centro coa súa participación no proxecto  intenta recuperar e darlle continuidade aos oficios artesáns relacionados coa moda.

Alí trasladáronse unha pequena representación do alumnado e do profesorado do CM de Confección e Moda e do CS de Patronaxe e Moda.

As alumnas mostraron o seu bo facer elaborando orixinais toucados e sombreiros.

O evento foi visitado pola Raíña Leticia que se acercou ao estand, saudou a as alumnas e mais as profesoras que nos representaron, interesouse polo seu traballo e felicitounas polas fermosas pezas expostas.

Aquí deixámosvos unhas fotografías para que vexades os bonito traballo das alumnas.

 

 

 

 Logo
Logo
 

Logo

Logo
Logo
Logo
Logo 
  Logo