Alumnas de 2º de COMO de Erasmus en Italia

Dende Italia, Graciela e Diana, alumnas de 2º de Confección e Moda, que están a realizar a FCT en Italia, na empresaBVM Spa de Bolonia,  envíannos estas imaxes. Como vedes, están a traballar duramente, pero tamén teñen tempo de facer turismo. Nunha das fotos aparecen  ca profesora Loly Seoane que tivo a oportunidade de visitalas a semana pasada,  no transcurso da súa estancia  dentro do programa Erasmus, na mesma localidade.