try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CIFP A Granxa

FCT

Atendendo á Resolución do 23 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se adoptan medidas excepcionais no desenvolvemento das ensinanzas de formación profesional do sistema educativo e nas ensinanzas de réxime especial,  se procede a realizar unha síntese do seu contido relacionado ca flexibilización da FCT.

No referente a mesma, o alumnado pode realizala FCT en periodo ordinario:
 a. Realizar a FCT de reducida duración (220h grao medio e superior /130h FPBásica) e rematar en xuño de 2020.

b. Desenvolver  o módulo de FCT (sin precisar autorización) e/ou ampliando ao máximo as horas diarias en días non lectivos

c. teletraballo si eso fose posible ca empresa

dSubstituír a estadía nas empresas por (neste caso rematarían en Xuño 
2020):
       - Grao medio e FP Básica: Unha proposta de actividades asociadas á contorna laboral. (Modelo Anexo I)
       - Grao Superior: Integrar a FCT e o módulo de proxecto nun único cunha duración de 245 h.

No referente a FCT fora do periodo ordinario:
a. Realizar a FCT cas horas ordinarias de duración e rematar antes do 31 de agosto de 2020.

 Desenvolver o módulo de FCT a partir do 1 de setembro de 2020:

Neste caso o alumnado debe presentar ante o centro educativo unha solicitude antes do 30 de xuño (Anexo II) . Se poderá matricular en calquera dos periodos extraordinarios de FCT (de setembro a decembro, de xaneiro a marzo ou de abril a xuño)

De escoller esta opción non consumirá convocatoria. O alumnado de Grao superior que opte por esta opción pode realizar o módulo de proxecto no período establecido con carácter xeral ou ben no momento de realizar a FCT, aínda que a súa avaliación efectiva se fará cando se realice a FCT.

O alumnado ERASMUS +

Deberá acollerse a unha opcións arriba previstas.