try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CIFP A Granxa

UNIVERSIDADE DA CORUÑA. XORNADAS DE PORTAS ABERTAS VIRTUAIS

É o que propoñemos a través das XORNADAS DE PORTAS ABERTAS VIRTUAIS, na que os visitantes (estudantes e familiares) coñeceredes por dentro a nosa Universidade e poderedes interactuar cos responsables das titulacións, os vindeiros xoves 23 e venres 24 de abril.

 

Tamén coñeceredes os servizos e unidades que lle van a facer máis fácil e atractiva a VIDA UNIVERSITARIA: UDC Internacional, residencias públicas, centro de linguas, cultura, deporte, , cooperación e voluntariado, medioambente, UDC saudable, atención á diversidade, acción titorial, asociacións estudantís, emprego...

 

Podes ver toda a información das Xornadas, na que figuran agrupados por ramas de coñecemento os 41 Grados, 7 Programas de Simultaneidade e 2 Graos Abertos que lles ofrecemos para o vindeiro curso 2020-2021.

 

Na ligazón: https://www.udc.es/futuros_estudantes/portas_abertas/

 

E na aplicación móvil UDC.gal para Android e para IOS

 

Disporedes de:

  • Videoconferencia en directo de cada titulación
  • Vídeos de Centros Universitarios
  • Vídeos con testemuño de alumnado matriculado e alumando titulado

Tamén teredes á vosa disposición dous postos permanentes para guialos polas Xornadas: un de Información Xeral e outro no que poderán facer as a consultas relacionadas co Acceso e Admisión na Universidade.

Temos un apartado especial con obradoiros e retos en vivo, con premios para quen os consiga superar.

 

Benvido/a á Universidade da Coruña!

Benvido/a ao teu futuro!