try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CIFP A Granxa

Universidade de Santiago de Compostela.

A OIU é o servizo que a Universidade pon a disposición da comunidade universitaria e das persoas alleas á mesma, coa finalidade de canalizar e dar resposta ás demandas informativas sobre a súa organización, funcionamento e actividades.

Con carácter xeral, informa sobre trámites e xestións dos procedementos académicos e de extensión universitaria e colabora na súa difusión, tanto no contorno máis inmediato como organizando ou participando en feiras e eventos de carácter educativo.

Chat / Videoconferencia

A Oficina de Información Universitaria (OiU) pon a súa disposición a posibilidade de establecer unha sesión de Chat / Videoconferencia co seu persoal mentras dure o confinamento.

Os encontros realizaranse os mércores de 10 a 14 e de 16 a 19 horas.

 

Enlace ao Chat / Videoconferencia

 

Para participar no videochat, debes proceder do seguinte xeito:

  1. Premer no botón “Acceder ao videochat”
  2. Ao abrirse o Navegador, se non ten instalado Teams, elixa “Unirse por Internet no seu lugar”
  3. Na seguinte xanela elixa “Unirse agora”
  4. Xa pode participar no Videochat