O noso Centro

 

HISTORIA DO CENTRO

No ano 1959 é nomeado polo M.E.C. D. Arcadio López Casillas como Director da Escola de Maestría Industrial (1959-1972), un home comprometido coa F.P. e gran entusiasta da mesma. Por elo non dubida en buscarlle un "padriño" o Centro, e quen mellor que un home de Ferrol D. Juan A. Suanzes Fernández con quen lle unía unha gran amistade.


D. Arcadio rógalle a D. Juan A. Suanzes que a Escola de Maestría Industrial leve o seu Título de "Marqués de Suanzes". D. Juan A. Suanzes acepta a petición e no verán do 1965 descóbrese unha placa de bronce na fachada principal do edificio, situado na rúa Real, o mesmo tempo réndeselle un homenaxe o que asiste acompañado polo Ministro de Educación e Ciencias D. Manuel Lora Tamayo.


O NOVO INSTITUTO

A Escola da rúa Real foi construída e pensada para 350 alumnos en horario nocturno de 18,30-21,30. Contaba coas especialidades de Electricidade, Madeira e Metal-Mecánica engadíndoselle máis tarde (1965-66) a especialidade de Delineación. A parte tiña unha sección de Bordado e Confección (feminino) que anos despois suprimiríase.

O Centro masifícase pasando de 350 a 900 alumnos, e a Dirección do Centro (Director D. Arcadio Casillas) proponlle o MEC a construción dunha nova Escola, e para elo o Axuntamento baralla dous emprazamentos, un no lugar da Costa de Mella e outro no Barrio do Pilar. Decídense por este último e a empresa Dragados e Construcións entrega o Edificio no ano 1975.

Este novo Instituto que abriu as súas portas no curso 1975-76 contou coas especialidades da anterior Escola Maestría Industrial, agás Delineación, e ás que se lle engadiron Automoción e Electrónica. No curso (1993-94) implántase a ESO de forma anticipada e no ano académico (1995-96) as especialidades de Bacharelato Tecnolóxico e Científico.


DATAS DE INTERESE DAS DENOMINACIÓNS

- Escola de Artes e Oficios (1881-1930)
- Escola Elemental de Traballo (1930-1955)
- Escola de Maestría Industrial (1955-1965)
- Escola de Maestría Industrial "Marqués de Suanzes" (1965 - 1975)
- Instituto de F.P. de 1º e 2º Grao "Marqués de Suanzes" (1975 - 1978)
- Instituto Politécnico de F.P. "Marqués de Suanzes" (1978 - 1993)
- Instituto Educación Secundaria "Marqués de Suanzes" (1993 - 2010)
- Instituto Educación Secundaria "Ferrolterra" (2010)
- Centro Integrado de Formación Profesional "Ferrolterra" (2011)




JUAN ANTONIO SUANCES FERNÁNDEZ

Categoría: Enxeñeiro da Armada
Data de nacemento: 20 de maio de 1891 (6 de decembro de 1977)
Lugar de nacemento: Ferrol (A Coruña)
Obras realizadas: Suanzes foi o autor da obra La industrialización de España en 1949 (Madrid, 1949).
Outros datos de interese: En 1953 foi nomeado socio de honra do Instituto de Enxeñeiros Civís de España, en 1955 recibiu a medalla de ouro ó mérito no Traballo. O 1 de outubro de 1960 concédeselle o Título de Marqués de Suanzes. En 1961 recibiu o premio de Enxeñería da Fundación March e en 1962 foille concedida a medalla de ouro de Madrid polo seu labor en beneficio da cidade como presidente do INI. En 1964 foille concedida a gran cruz de Alfonso X o Sabio e en 1976 foi investido doutor honoris causa pola Escola Técnica Superior de Enxeñeiros Industriais da Universidade de Madrid.
Curriculum: Ingresou con 12 anos na Escola Naval do Ferrol.

En 1906 alcanza o grado de guardamarina, sendo destinado ó gardacostas "Numancia" e máis tarde ó acoirazado "Pelayo".

En 1909 ascendeu a comandante de Enxeñeiros e en 1921 a tenente coronel de Enxeñeiros.

En 1921 foi nomeado director do estaleiro da Sociedade Española de Construcción Naval de Cartaxena. Seis anos máis tarde volveu a Ferrol, onde permaneceu ata 1934.

Posteriormente foise a Madrid e desempeñou o posto de xefe da Inspección da Construción Naval. Ó comeza-la Guerra Civil ponse ó lado de Franco, reingresando na Armada.

No primeiro goberno de Franco e no de 1944 foi nomeado ministro de Industria e Comercio.

En 1941 foi o primeiro director do INI