Saltar navegación

Que é?

QUE É ?

Un espazo de colaboración, deseño, prototipado e creación orientado a amplifiación da aprendizaxe. Un lugar que fomenta a creactividade e a formación nun contexto de aprender facendo. Está baseado na aprendizaxe activa e manipulativa, a aprendizaxe baseada no deseño , a solución de problemas e a aprendizaxe entre iguais.

A QUEN VAI DIRIXIDO?  

 Está pensado para todo o profesorado do ámbito do CFR de Pontevedra que teña en mente un proxecto que queira levar adiante e precise dun espazo ou material específico para poñelo en marcha.

Tamén está pensado para todo o profesorado que queira experimentar con linguaxes de programación (Arduino, Scratch...), robótica, impresión 3D, electrónica básica, kits de mecanismos e montaxes, simuladores de procesos, cortadora láser, máquina de control numérico (cnc), edición fotográfica, de son e de vídeo, animación, traballo con dispositivos móbiles, aplicacións educativas, drons, realidade virtual, creación de material diverso para a aula.

RECURSOS DISPOÑIBLES