DEBUXO DUN PLANO

Planteamos ós nosos alumnos un exercicio consistente en debuxar un plano do recinto escolar, para iso aportamos unhas fotos aéreas que poderán calcar. Procurarán facer o debuxo do plano o máis detalle posible porque será usado para un exercicio de orientación. Tamén lle indicamos a necesidade de facer unha lenda aclaratoria e ademais deberán calcular a escala, para iso é de axuda a pista polideportiva que soe verse nos patios e que mide 40 m. de longo.