EXERCICIOS ORIENTACIÓN II

Nesta 4ª sesión seguimos cos exercicios de orientación, pero aumentando a dificultade técnica. Podemos aproveitar o caracter competitivo innnato dos nosos alumnos para cronometrar percorridos. Deste xeito introducimos un novo condicionante a orientación que é a velocidade que, na maioría dos casos, introduce moitos erros que coa práctica se irán subsanando. A concentración, a velocidade de pensamento e a atención serán as capacidades que o alumnado estará perfeccionando para superar os retos que lle presentan estes exercicios.