EXERCICIOS DE ORIENTACIÓN

Os seguintes exercicios está deseñados para realizarse nun espazo pequeno (patio, pista polideportiva, campo de futbol, etc...), pero podemos adaptalos ó espazo que queiramos.

Colocamos unha formación de 36 controles que poden ser "setas" ou conos que deben ter un código cada un Introducimos o concepto do código como elemento que nos vai axudar a rematar os percorridos sen descalificar.

Os propios alumnos nos colocarán o circuito seguindo o esquema do mapa maestro. Logo realizarán os distintos percorridos anotando o código que estará visible soamente a aquel que se acerca ó control (non se pode apreciar dende lonxe). Este código anotarano nunha tarxeta de control que non é preciso que teña mías de sete recadros.

Estes percorridos que son de distinta dificultade, permitirannos facer con eles carreiras de relevos, memorizar percorridos, etc...

Este mapa ten catro saídas, que serán utilizadas en distintos percorridos. A meta si que é única para tódolos percorridos.

Importante que nun lateral do espazo coloquemos o cartel grande co Norte para que serva de referencia ó alumnado para orietnarse.