CALCULO DA ESCALA

Tódolos alumnos e alumnas van a pista polidepotiva provistos de folios, lapis, regra e voluntariamente unha calculadora. O alumnado conta, tamén,  cun plano da pista. Deberán, en grupos de catro, tomar  as medidas das dimensións laterais da pista (contarán  cunha cinta métrica) para logo relacionalas coas dimensións no plano e calcular deste xeito a escala do plano que se lles entregou. Podemos completar o exercicio entregando os grupos outros planos da pista reducidos ou ampliados para que calculen a escala de cada un dos planos.