ORIENTAR O PLANO (1ª SESIÓN)

  1. Cada alumno ten o un plano da pista e partindo dende calquera posición dentro da pista coloca o seu plano no chan orientado, é dicir, na mesma posición  que a realidade. É importante que a pista teña o Norte ou algo que nos identifique algún punto. Se non o houbese debemos pensar que as letras sempre se len orientando o plano ou mapa ó Norte. O recomendable é colocar un gran cartel co simbolo do Norte, visible dende calquera punto da pista, nunha das porterías. Ese será o noso Norte aínda que non coincida co Norte real.