Crea unha escena de realidade aumentada

HP Reveal permite; 

  • Crear escenas de realidade aumentada engadindo capas virtuais de imaxe, vídeo, animacións ou modelos 3D en poucos minutos e compárteas publicamente. O que anima aos estudantes a implicarse activamente no tema, a pensar de forma creativa e a compartir información. 
  • Calquera fotografía, imaxe ou obxecto do mundo real pode actuar como marcador de realidade aumentada. Isto permite aumentar calquera cousa sen necesidade de imprimir ningún marcador. 
  • O proceso de creación das auras motiva aos estudantes para explorar o mundo que lles rodea.

É a vosa quenda, o primeiro é ter o material que imos a empregar: 1. unha imaxe que active a aura -información complementaria-, esta imaxe pode ser unha fotografía realizada coa cámara do voso iPad ou descargada da web. 2. a información complementaria -aura- pode ser un vídeo, unha foto ou imaxe 3D, tendo que estar localizada no carrete de fotos do iPad. Por último, asocia ambos obxectos ca aplicación HP Reveal e a poñelo a proba.