Foro de entrega de actividades STEM/STEAM

PERO....QUE ME ESTÁS CONTANDO?

PERO....QUE ME ESTÁS CONTANDO?

por valentina freire -
Número de respostas: 0

CONTEXTUALIZACIÓN

O Ceip de Reboreda é un centro público. Está situado no Val do Alvedosa, a escasos minutos do centro de Redondela (concello). A súa poboación, duns 2.300 habitantes, vive principalmente do sector secundario, cabe destacar o gran número de persoas adicadas o sector téxtil. O concello conta con numerosos recursos: tumultuosos, lonxa (chocos e marisqueo),leiras onde a xente cultiva produtos, praias e montes con restos prehistóricos ( petróglifos), merendeiros e parques infantís. Dispoñemos tamén dunha piscina municipal, centro de saúde e diversos pavillóns.

Características do centro:

  • Xornada continuada de 8:45 h a 13:45 h.
  • 3 de E. Infantil e 12 de E. Primaria.
  • 1 unidade de (PT.)
  • 1 unidade de A. Preferente (PT.)
  • 1 unidade de Orientación.
  • 1 unidade de Audición e Linguaxe máis 1 compartida co C.E.I.P. de Valadares.
  • 1 mestre de apoio a infantil.
  • 1 coidadora
  • 1 auxiliar de conversa ( inglés).

A ANPA organiza algunha das actividades extraescolares e xestiona o comedor escolar.

Programas e proxectos do centro: Plan Proxecta: “ Aprendo programando”, Proxecto: “ A física e a química” ( todo o centro),Grupo traballo E.I. “ Método ABN”e Contratos Programa (PROA).

O grupo de 4º está formado por 16 alumnos, 7 alumnas e 9 alumnos, un deles repetidor. É un grupo moi heteroxéneo (alumnado cun bo nivel curricular, nivel curricular medio e nivel curricular baixo), cun ritmo de traballo lento,atención dispersa, falta de hábito estudo e carecente de rutinas e normas de clase. Ademais, tres alumnos do grupo presentan necesidades específicas de apoio educativo ( NEAE)

Alumno tdah hiperactivo-impulsivo
Alumno tdah combinado
Alumno trastorno de comportamento ( pendente de valoración)


O obxectivo principal da nosa tarefa é recoñecer e analizar os estereotipos de xénero que aparecen nunha gran maioría de contos tradicionais e populares.
Como docentes estamos cansas de que a maldade, a traizón ou a fealdade apareza representada nun personaxe feminino de mediana idade. Madrastras, bruxas ou rainas gordas pululan polos contos facendo das súas. Se ser muller xa implica desigualdade, ser muller de mediana idade, implica dobre desigualdade. Porén, dende as nosas aulas de 2º e 4º de primaria queremos axudar ao noso alumnado a combater ditas desigualdades, fomentando neles unha actitude crítica fronte aos estereotipos de xénero e ofrecéndolles alternativas que desenvolvan o seu pensamento diverxente, é dicir, a súa creatividade.