Esquema de temas

  • O1706006 PFPP O1731013 Técnicas de ioga para docentes

    Educador/a guía no proceso ensino-aprendizaxe - Didácticas específicas, metodoloxías, TAC e Afín Competencias profesionais .

    Interlocutor/a e referente (forma de ser e relacionarse cos demais) - Habilidades persoais, sociais e relacionais. Estratexias de mellora.

     

    Mellora das competencias profesionais a través dunha mellora da autoxestión emocional, e da convivencia e do clima no centro. Redacción do Plan de convivencia segundo os novos decretos e leis. Renovación da metodoloxía didáctica no ensino/aprendizaxe de idiomas a través da integración real das TIC na aula. Formación, práctica e elaboración de materiais a través do traballo colaborativo en espazos virtuais e en redes sociais. Adaptación das programacións á nova Lei de Educación. 

    Obxectivos

    1.  Achegarse a unha sesión práctica de ioga e experimentar os seus beneficios e aprender técnicas para manexar o estrés.

    2.  Traballar a conciencia corporal mellorando a postura, e tomar conciencia da respiración e mellorar a súa calidade.

    3.  O kit de emerxencia: aprender series moi breves de estiramentos/posturas de ioga e técnicas moi simples para manexar na casa. 

    Contidos

    1.Breve introdución ó concepto de ioga.

    2.A alineación e a precisión na postura.

    3.Aunando respiración e movemento: a concentración.

    4.Serie centrada nos movementos da columna vertebral: Traballo de toma de conciencia, estiramento, mobilización e fortalecimento desta estrutura.

    5.Serie centrada na cintura escapular e na columna cervical : Traballo de toma de conciencia, estiramentos, mobilización e fortalecemento destas estruturas.

    6.Técnicas de respiración ióguica básicas.

     

    Relatora: María Día Cabeza

    Asesora: Carmen Calleja Lameiras

    ccallejalameiras@edu.xunta.es

  • IOGA PARA DOCENTES