Obxectivos

1.Achegar ferramentas prácticas, reflexivas e creativas que promocionen o desenvolvemento do pensamento do alumnado fomentando o seu espíritu crítico.

2.Comprender o valor da actitude reflexiva para a aprendizaxe.

3.Coñecer, mediante a experimentación, as posibilidades da narrativa, da arte e dos xogos como potenciadoras das habilidades de pensamento.

Contidos

1.O programa Philosophy for children de M. Lipman.

2.O Proxecto Noria de Angélica Sátiro.

3.As habilidades de pensamento. Valores e actitudes éticas.

4.O xogo como medio de expresión e aprendizaxe: xogar e pensar con arte, con contos e con xogos.

5.Aprendizaxe dialóxica: concepto de diálogo. O mestre como facilitador dialóxico.

6.A xestión e organización das sesións de filosofía: as regras do diálogo filosófico.

7.A avaliación figuro-analóxica: autoavaliación e coavaliación desde un enfoque lúdico e dialogante.