Este curso pretende contribuír a satisfacer a demanda urxente de formación metodolóxica para a ensinanza CLIL. Con este fin tratará de proporcionar ao profesorado ferramentas e ideas prácticas para o deseño e desenvolvemento de secuencias didácticas CLIL integrando ademais novas ferramentas de avaliación.

Trátase dunha actividade mixta que consta de 15 horas presenciais e 5 en rede titorizadas por dous dos relatores. Na fase práctica os asistentes deberán elaborar unha secuencia didáctica para unha materia de contidos non lingüísticos seguindo os principios expostos nas sesións de ensinanza CLIL.