Obxectivos

1.Presentar recursos e materiais para desenvolver experiencias e proxectos do ámbito das ciencias e poder crear un espazo de ciencia na aula ou no centro.

2.Afondar na aprendizaxe de coñecementos e habilidades para descubrir a ciencia mediante a experimentación e utilización das metodoloxías activas como elemento dinamizador, innovador e inclusivo.

3.Deseñar unha situación de aprendizaxe que fomente o desenvolvemento competencial e a aprendizaxe significativa das ciencias, utilizando metodoloxías activas e integrando algunha medida de atención á diversidade.

Contidos

1.Recursos e materiais para traballar nun laboratorio de aula ou centro. Iniciación ao método científico. Experimentación básica.

2.Integración de diferentes metodoloxías activas na implementación de proxectos de ciencia.

3.Deseño dunha situación de aprendizaxe no ámbito das ciencias, empregando metodoloxías activas e integrando algunha medida de atención á diversidade.