Maletas viaxeiras

Dende aquí poderá acceder a tódolos sistemas de empréstito das diferentes maletas das que dispoñemos neste momento no CFR.
Para as maletas de Igualdade e inclusión e para a maleta esero debe descargar o documento “datos préstamo” indicado e traer cuberto ao CFR para entregar no momento de recoller a maleta.

Igualdade e inclusión

O proxecto “Maletas Viaxeiras” é unha das medidas recollidas no I Plan de actuacións para a Igualdade nos centros educativos de Galicia 2016-2020, elaborado pola Secretaría Xeral da Igualdade e a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e que recolla a medida concreta de configurar e xestionar maletas viaxeiras para ensinanza obrigatoria sobre igualdade de xénero, violencia de xénero, educación afectiva e sexual, diversidade e inclusión. A persistencia destes roles, estereotipos e actitudes sexistas e/ou de rexeitamento, aínda presentes na nosa sociedade, perpetúan as desigualdades, polo que se fai preciso abordar un cambio máis profundo dos nosos valores e ideas.

STEM - esero - Enxeñeir@s de Astronaves


ESERO é un proxecto da Axencia Espacial Europea (ESA) para apoiar a educación da Ciencia e Tecnoloxía en primaria e secundaria e fomentar as vocacións científicas facendo uso do contexto do espacio.

Bibliotecas escolares

Bibliotecas Escolares de Galicia, 2019
Subdirección Xeral de Centros
Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos
Consellería de Educación, Universidade e Formación profesional
San Caetano, s/n
15781 Santiago de Compostela
E-mail: bibliotecasescolares@edu.xunta.es