Iniciación á lectoescritura para nenos/as con dificultades. Cada grafema ten un xesto e unha onomatopeia para favorecer a súa aprendizaxe. Os grafemas introdúcense de un en un.

Dirixido ós titores de primeiro e segundo de educación primaria.

Afondarase sobre os efectos que a actual situación sanitaria causa nos nenos e nenas en idades comprendidas entre os 6 e 12 anos (Educación Primaria) e a importancia que a educación eomcional acada nos tempos actuais.

Neste curso, dirixido ao profesorado que imparte docencia na Educación Primaria, se amosan as nove intelixencias múltiples propostas por Howard Gardner.

No curso aprenderás qué é a intelixencia, cales son as intelixencias múltiples  e cómo traballalas a través de diferentes actuacións e metodoloxías, para fomentalas no teu alumnado.

Benvidos e benvidas á aula virtual da materia Lingua e Lieratura galega de 2º ESO,

Este trimestre imos ver as seguintes unidades didácticas:

Unidade 7: Como buscar información en Internet e nas bibliotecas. Que partes distinguimos nunha conversa? Léxico frecuente do cinema e o teatro. Cal é a situación do galego no sistema educativo? Que é unha cláusula? Tipos de cláusulas. Como empregar con corrección o punto, a coma e o punto e coma.

Unidade 8: A linguaxe cinematográfica. As relacións de parentesco. Os distintos rexistros da fala. como identificar o suxeito e o predicado. Como empregar correctamente os dous puntos e os puntos suspensivos.

Unidade 8: Cracterísticas básicas dos dicionarios e enciclopedias. O tempo cronolóxico. a variedade estandar da lingua. cales son as principais características dos CI e CC ? Como usar con corrección as parénteses e as comiñas.

Agardo que teñades un bo comezo de trimestre!

A partir de este curso imos tratar de afondar sobre os xogos tradicionais propios da nosa Comunidade Autónoma, xa que son elementos froito do noso patrimonio artístico e cultural e, que ademáis fomenta as relacións interxeneracionais. 

Desta maneira levaremos a cabo a execución de numeros xogos galegos e coñecer as súas normas e características.

Primeiros pasos en filosofía. Filosofía para os alumnos que empezan Bacharelato.

Curso con material de repaso destinado para o alumnado de 2º de bacharelato que cursa a materia de Bioloxía e Xeoloxía.

Resumo:

Past Simple de verbos regulares e irregulares para alumnos de 6º de Primaria.

Unidade didática para 6º de Primaria.

Contidos

Oracións afirmativas,

Oracións negativas

Oracións interrogativas

Resposta corta 

Expresións de pasado.

Trataremos diversos temas do currículo de 6º Primaria.

Curso de economía da empresa.

A empresa é a unidade básica de produción e distribución, posibilita que os bens e servizos cheguen ao consumidor co que este verá así satisfeitas as súas necesidades, con iso crea utilidade, engade valor. Utiliza recursos ou factores produtivos (terra, traballo e capital) para producir bens e servizos que posteriormente se distribúen no mercado. Polo tanto, hai unhas entradas ou inputs do proceso produtivo (os factores produtivos) e unha saída ou output (o produto obtido). O valor engadido dunha empresa é a diferenza entre o valor dos bens producidos e o custo dos factores utilizados para producilos