4º Primaria

Visita ao porto de 4º primaria

Os alumnos de 4º de primaria fomos visitar o  Porto de Marin onde nos explicaron o seu funcionamento e fixemos unha visita guiada por un policia portuario que nos explicou as distintas zonas do Porto. Rematamos esta saída na empresa Mares de Galicia onde nos mostraron como elaboran e envasan os moluscos.

O entroido chega a 4º

Chega o entroido con ganas de festa. Os nenos de 4ºB fixemos un photocall que esperamos vos guste, pero antes tivemos que probalo; tamén fixemos un poema, un mural e uns banderins para adornar o corredor. Pasádeo ben no entroido e moitos risas.

Salvemos o planeta

Este video fíxoo Lucía Couso, de 4ºB. É un video feito co xogo Gacha Life editado co programa Kinemaster. É un video sobre a contaminación do planeta e o coidado do medioambiente.

O programa Kinemaster é un programa de edición de video, é gratuito e con el montei as imaxes do xogo Gacha Life, que tanto me gusta, para iso fago capturas de pantalla e as recorto para que quede como se fose unha animación. Despois engado a música e a tradución da canción (que tamen a fixen eu). Espero que vos guste.

 

Premios Ateneo Santa Cecilia

O pasado 20 de decembro entregáronse os premios do Ateneo Santa Cecilia nas distintas categorías. Obtivo o primeiro premio  no concurso de contos Iván Suárez Rey co conto "Thizos e a volta ao mundo" e o segundo premio Mateo Barcala Díaz co conto "Aventura de Nadal". Felicidades aos dous, sodes uns artistas¡¡¡

Chegamos a bó porto con Benito

O día 28 de novembro veu Benito explicarnos que había dous tipos de pesca: de arrastre e de rede. Díxonos que o maior medo que pasara fora unha vez que atoparon unha especie de balea que estaba amarrada na barca e por pouco vira a barca. Dixo que para pescar sardiñas había unha rede onde engánchanse as cabezas e xa non saen.

Unha vez estaban pescando coa liña e pescou un tiburón martelo, liouse coa liña e case lle arrinca unha orella, quedoulle colgando e tiveron que coserlla no barco. E que Benito é todo un lobo de mar.

Iván Gomis, Tiago, Aitor e Pablo

Chegamos a bo porto con Umberto

Umberto era un mariñeiro que pasaba o Nadal no barco, case non vira aos seus fillos crecer; no Nadal traballábase tódolos días e só se comía un pouco de turrón. Tamén traballaba no arrastre e díxonos: "imaxinádevos que sodes peixes e fixo como se nos tirara unha rede e como se nos pescara a todos xuntos".  O que máis nos impresionou foi que pescou un tiburón martelo.

Lucia Couso, Pedro, Miguel e Dani.

O magosto en 4ºB

Celebramos o magosto o venres 8 de novembro e fixemos moitos xogos como: tiro á diana, o limbo das castañas, relevos cunha castaña, pasar a castaña cun vaso... Despois repartiron as castañas para comer e o chocolate quente e uns biscoitos pequenos e mentres merendábamos xogábamos polo patio. Por último repartiron carbóns para pintar a cara e fumos para clase e tíñamos a cara chea de negro co carbón. Pasámolo xenial!!!

Mario, Xián, Estrella e Carlota

Visita praza de toros: "Exhibición policía"

O día 25 de outubro fumos a plaza de toros de Pontevedra, había policías, cans e cabalos; vimos como os cans facían acrobacias, como axudaban aos policías cos delincuentes e se defendían. Un can levantou a bandeira de España, tamén había un home que facía de delincuente que lle robou o bolso a un policía e meteuse nun camión e o can saltou pola fiestra agarrouno dun brazo e o tirouno pola fiestra do camión. Despois chegaron os cabalos que saltaron un aro ardente e tamén defenderon o coche da policía e andaban facendo zig zag. Sabedes que se poden adoptar os cans policías? (podedes informaros na páxina "Héroes de 4 patas").

Rocío, Emma, Aitor e Naiara.

Samaín 2019:" A auga sube e baixa"

Os alumnos de 4º escriberon un poema para celebrar o samaín. Esperamos que vos guste.

Chegamos a bo porto con Segundo

Segundo é un mariñeiro que traballou engraxando os motores dos barcos. Foi naúfrago, contounos que foi nunha balsa salvavidas e había unha pastilla que tomabas e xa non tiñas fame, eles non a tomaron porque en tres horas xa os recolleron. Contounos que se atoparon cun tiburón martelo que medía case coma unha aula e tamén contou que á hora de comer tiña que agarrar o plato porque se non caíache enriba.

Somos Mateo, Lucía Barreiro, Yésika e Marcos

Chegamos a bo porto con Laura

Laura contounos que traballaba nunha empresa do porto que se adica aos moluscos, venden mexillóns, ameixas, algas... Que está moi satisfeita co seu traballo, aínda que é a máis pequena da empresa. Teñen unha máquina que limpa uns 50 kg de mexillóns nuns minutos; contounos que o que menos lle gusta do porto é que está moi sucio e o tránsito dos camións que transportan as aspas dos muiños de vento.

Noelia, Iván Suárez e Diego

Chegamos a bo porto con Chuco

Chuco foi un mariñeiro que nos explicou que os primeiros barcos eran de madeira, durmíase nunha táboa e daquela pensaban se ían comer ou non, non tivo zapatos ata os cinco anos; tamén nos contou que comezou con trece anos e que deu a volta ao mundo tres veces: dúas en barco e unha en avión. As mozas levaban o peixe na cabeza ata o mercado. Contounos como o porto foi cambiando dende que el comezou. Iván Gomis, Tiago, Aitor e Pablo

.

Vivindo a radio cos de 4º B

Os alumnos de 4ºB  cóntannos as novas do colexio, recoméndannos algúns libros para o verán e fan unha chea de divertidas entrevistas. Eles din que foi unha proba, pero se o foi foi unha proba estupenda.

Os nenos de 4º fomos aos museos da Coruña

( Equipo 5 de redacción: Sara e Alexandra)

O martes, dia 28 de maio, os nenos de 4º de primaria fomos á Casa das Ciencias, ao Domus e ao Acuario.

Pasámolo moi ben. O primeiro lugar que visitamos foi a Casa Das Ciencias. No baixo había un péndulo xigante que mostra a rotación da Terra, unha incubadora con pitiños... Na segunda planta había experiencias como unha ilusión óptica, un canón de aire cun globo flotando, unha creadora de pompas de xabón enormes, a simulación de vento no deserto e outra de auga na Terra. Na 2ª planta había unha exposición temporal de péndulos con columpios, un metrónomo... A terceira planta estaba adicada á astronomía con moita información sobre o espacio, as constelacións... e cunha cabina na que podías ver algo parecido a un extraterrestre. Por último visitamos o planetario, no que nos puxeron unha minipelícula na que un vampiro chamado Von Siro, que era astrónomo, quería ver a luz do Sol sen convertirse en polvo. O seu axudante, Dagoberto inventou unha máquina coa que podías verte en calquera sitio como na Lúa, en Saturno...

O segundo lugar que visitamos foi a Domus, na que vimos a evolución humana e os seus cranios, un xogo simulando a caza no que tiñas que tirar pelotas nuns buratos con forma de bisontes, unha máquina que medía a lonxitude do teu corpo, e do tu fémur e úmero. Na entrada había unha foto da Mona Lisa feita con fotos de caras de persoas, unha torre de libros...

Despois de comer fomos ao acuario. Alí vimos peixes moi raros que nunca viramos e un que tiña branquias e pulmóns. O que máis nos gustou foi ver cando lle deron de comer ás focas.

 

Día Mundial da Poesía

( Equipo 1 de redacción: Carlota, Elva, Candela e Irene)

Onte, 21 de marzo, foi o Día Mundial da Poesía. Os nenos de 4º curso para celebralo lemos varias poesías e escribimos a que máis nos gustou. Lemos poesías de varios autores como: Rosalía de Castro, Manuel Curros Enríquez, Luis Pimentel, Lois Pereiro, Xosé Mº Díaz Castro... Tamén fixemos unha poesía inventada.

As dúas  profesoras de 4º colgaron as poesías polo corredoiro para que todo o mundo poida lelas. Este día é chamado Primavera dos Poetas e o seu principal obxectivo é soster a diversidade dos idiomas.

Estas son algunhas das nosas poesías:

O noso robot Mbot

O noso robot, Mbot

cando fai bip, bip,

acéndese o motor.

 O noso robot, Mbot

cando xira para un lado

vólvese azulado.

 O noso robot, Mbot

cando vai para diante

vólvese un diamante.

 O noso robot, M bot

cando vai para atrás

ponse a cantar.

                XOEL

 

O tiburón

 O tiburón xoguetón.

  O tiburón tontorrón.

    O tiburón lambón.

      O tiburón cabezón.

        Aínda que...

          é un nubarrón.

                     ROBERTO

 

O meu hámster Manolo

 O meu hámster Manolo

é moi xoguetón.

 O meu hámster Manolo

queríalle un montón.

 O meu hámster Manolo

era moi amoroso.

 O meu hámster Manolo

faleceu fai un montón.

                    ALEXANDRA

 

Mbot, o noso robot

 Mbot, o noso robot

é moi xoguetón.

Cunha táblet se conduce

 e fai un cruce.

 Vai para diante, vai para atrás,

vai para un lado e volve a xirar, 

vai para o outro e encende as luces,

esquiva un obstáculo

e fai un espectáculo.

 O noso robot

canso está

conéctase ao ordenador

e vai descansar.

            LAURA

 

O meu paxariño, Pepo

adorable, 

mimoso

e pequeno.

Pequeno é Pepo,

bonito e riquiño.

O meu corazón

teno todiño.

        CANDELA

 

A miña familia

 A miña familia é especial

son cariñosos, así sen máis,

quérenme moito tal como son,

eu tamén a eles, aínda que son un montón.

Son bos, á súa maneira,

porque, aínda que teñen carácter,

teñen paciencia.

Eu ríome moito,

porque son moi graciosos 

e cando estou con eles

fan chistes moi chistosos.

                      IRENE

 

Que larpeiros son!

 Os alumnos do Sequelo,

que larpeiros son!

Por aquí un caramelo,

por aquí un bombón

 

No entroido,

filloas;

No nadal,

mazapáns;

No verán...

Xa vou reventar!

        BREIXO V.

 

 

 

 

 

 

Estoupaglobos

Dúas versións do estoupaglobos, onde o visor é manexado co rato, e a misión é estoupar tantos globos como poidas. O primeiro máis lento dentro do grupo de rapaces de 4º titorizado por Álvaro Pereira Omil e o segundo moitísimo máis rápido feito por outro grupo de 4º

 

 

O compost

 Equipo 3 de redacción ( Xoel, Laura, Yasmín e  Carla)

O mércores 13 de febreiro, uns nenos de 6º curso ( Nayara, Mateo, Ángela e Samuel) ensináronnos cunha presentación de diapositivas o que é o compost.

A cousa que máis nos chamou a atención foi por que está formado o compost, e agora xa o sabemos; está formado por residuos orgánicos, terra, follas, paus...

   Non se poden botar líquidos como o leite e a sopa, medicamentos, pilas, plásticos,  vidros...

   Despois leváronnos a ver o compost que estaba no patio. O compost tarda de 6 a sete meses en convertirse en terra fértil.

   Algúns animais como as miñocas, lesmas, caracois...descompoñen o compost.

   Encantounos, pero...que peste!

 

Traballando en clase

 Equipo 4 de redaccion ( Martín, Sara, Alexandra, Dani e Rubén )

Chegamos de vacacións de Nadal con moita enerxía!

  Aínda que non escribimos no blogue, estamos a traballar moitísimo en clase.

  En ciencias da natureza, fixemos un traballo, chamado "Menú saudable" no que tivemos que poñer unha dieta para tres dias.

  En informática seguimos con M-Bot e tamén estamos facendo un traballo sobre animais.

  Para o Día da Paz cantamos con todo o colexio unha canción coa música da "Marcha Radetzky" e fixemos o sonido co corpo. Despois de ensaiar, sempre nos doían as mans e as pernas. Sabiamola moi ben! E saiunos xenial!

  En lingua escribimos moitos textos, por exemplo, descricións. A ver si acertades de que personaxes falamos.

  Din que habita nos castelos. Poden ser de cor azul, amarelo, vermello...É moi grande e voa, e as barbacoas que fai --mmm!...Que ricas!

  Non ten moitos amigos e algunha vez casi seguro que tiveches algún peluche del. ( Breixo S.)

  Parece unha persoa normal, pero cando a lúa está chea crécenlle moitos pelos polo corpo, póñenselle os dentes moi afiados e as orellas,  coma as dos... 

  Dá moitísimo medo!   (Breixo V.) 

Bo Nadal

Adrián Pesqueira coordinou o grupo de 4º que realizou esta postal, traballando coas flechas do cursos e a do espazo

Unha excursión moi chula

( Equipo 3 de redacción: Roi, Breixo S., Roberto e Breixo V. )

O mércores 21 de novembro, os nenos de 3º e 4º cursos de primaria fomos ao Café Moderno a visitar unha exposición de grabados de Francisco de Goya e Salvador Dalí. Antes fixemos un grabado coa técnica da punta seca. Esta técnica consiste en raiar cun punzón unha superficie lisa, pintala con pintura, sacar a pintura agás a que está nos buratos e estampalo contra un cartón, papel... Así queda o debuxo pintado no cartón.

A continuación fomos mirar os grabados de Goya e Dalí. Ensináronnnos dúas caixas, unha de Dalí e outra de Goya. Tamén nos ensinaron unha caixa atrapafantasmas coa que atrapamos tres monstros.

Despois fomos ao Auditorio de Afundación a mirar unha obra musical titulada " O máxico planeta dos instrumentos insólitos". Trataba de dous señores que creaban e tocaban instrumentos. Chamábanse Diego e Jorge e tocaron: o serrucho musical, o brick de leite con cordas, a guitarra caldeiro, o recolledor frauta, a basoira frauta, a silla de camping frauta, o acordeón, o violín, a frauta feita cun óso, a culler coa sartén, as dous culleres, a frauta traveseira, a bandurria, o theremín...

 Breixo Sanjorge tocou o theremín. Pasámolo xenial! 

 

Distribuir contido

PDI 2023-2024

PLAMBE

Radio na Biblio

Froita na escola

Xadrez


Proxecto "Colexio do Benquerer"

PDI 2022-2023

"Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"  PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" 

PDI 2021-2022: Os inventos

Camiño Portugués

Camiño Portugués

Blog Aprendo Programando 2016/2017

Pais/Nais

Eventos

« Abril 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930

Iniciar sesión

Faite socio!

Pincha enriba do Xabarín para aceder á súa páxina

Portas Abertas Virtuais

  Visita guiada ao noso colexio

Punto Laranxa contra o acoso escolar

INFANTIL: Brincando no Sequelo

Visita o Blogue de Infantil cunha enchente de actividades

A mascota Tuxiña

Pincha na mascota da Biblioteca e acede ao Blog externo

Radio Sequelo

O Sequelo na prensa

Liga Fútbol Sala

1) Clasificación. *

2) Xornadas. *

3) Equipos. *

4) Noticias. *

* Fai clic enriba de cada categoría e abrirache unha nova fiestra.