Robótica

No curso 2017-2018 foinos concedido o proxecto de Robótica, de xeito que chegaron ao noso centro 6 kits de montaxe do robot mBot. Este proxecto está destinado ao alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria, e mediante el aprenderán a programar e construír robots. No curso 2018-2019 ampliouse o proxecto e concedéronnos outros 6 kits de montaxe do mesmo robot, ao que se lle sumaron outros 6 kits de Lego de Máquinas sinxelas. Con estes recursos ampliamos os destinatarios do programa a todos os cursos de primaria, de xeito que os nosos alumnos/as inícianse na programación con robots desde o 1º curso. No curso 2020-2021 continuamos con este proxecto. Recursos e material didáctico para o mbot na web: https://www.makeblock.es/soporte/robot-mbot/

O alumnado de 5ºA traballando con mbot Matemáticas e Música

O alumnado de 5ºA traballando matemáticas e música con mbot, ao mesmo tempo que aprenden a programar coa app Makeblock.

 

O alumnado de primeiro traballando co Blue Bot

O alumnado do primeiro curso traballando o alfabeto co Blue Bot.

Reunión de Centros "Robóticos"

Dentro das actividades programadas no Seminario de Robótica estaba o do intercambio de información e experiencias con outros centros da contorna que coma nos comezan este ano a inserar os robots como ferramentas de aprendizaxe.  Así reunímonos no noso centro alumnos do IES Mestre Landín, CEIP Carballal e o Sequelo

Visita dos pais ao proxecto robótico

Co proxecto rematado os pais de 4º visitaron o traballo que os rapaces estiveron levando a cabo.  Tódolos pais estiveron moi atentos ás explicacións dos rapaces que acompañaron cunha presentación sobre o proxecto do río no que centramos no Colexio todalas nosas actividades

 

Táboas de multiplicar e números primos

Coa axuda do Blu-Bot os nenos de 21 traballaron as táboas de multiplicar e os números pares.  En pouco ao noso parque móbil de 1º e 2º engadiráselle varios Clementine Doc un robot de similares características ao Blu-Bot co que os nosos nenos traballaran dende as materias do curriculo

 

A robótica no currículo de 4º

Os alumnos de 4º traballaron a programación dos Mbots como parte do proxecto transversal sobre "O Río Lameira", o resultado foi un espectacular proxecto onde recrearon parte da arquitectura tradicional que arrodea ao rio Lameira

 

Medida da temperatura

Mediante uns poucos bloques lóxicos e cunha placa, o sensor de medida de temperatura, os rapaces de 6º imos medir a temperatura ambente e máis a temperatura do café do mestre

Experiencias con robótica nas aulas

ROBÓTICA NAS AULAS

Robótica na aula, blog de robótica do mestre de educación infantil Óscar Abilleira, do CEIP Pedro Antonio Cerviño. Múltiples experiencias de traballo co BEEBOT nun aula de educación infantil.

 

INVENTOS CON SENSORES E PLACA

Alarma de porta, titorial en Youtube

Titoriais en Youtube de retos con mblock.

 

 

Apadriña un robot

Queremos que lle poñades nome aos nosos robots. Os vosos compañeiros do EEI O Grupo, xa o fixeron e os do EEI Virxe do Carme, tamén.

Manual de montaxe do Mbot

Os nenos do Cep Sequelo montamos un robot (Mbot).

Eu así o fixen: o primeiro foi quitar a parte de arriba; despois os doús sensores, as baterías e as rodas grandes.

Fixate ben e non perdas nada, despois xa o podes controlar cunha aplicación chamada Mblock.

Visita Mbot a EEI O Grupo

O día 16 de Febreiro, os alumnos de 6ºB do noso colexio, foron cos robots a ensinarlles aos nenos do EEI. O Grupo como funcionan.

Ensináronlle o segue líneas, e algúns nenos probaron a manexalos, despois de que os nosos alumnos explicaran todo, os nenos do Grupo ensináronos dous xogos co seu Bee-Bot. Logo fomos polas aulas a saludar as nosas antigas profesoras, aos nosos coñecidos...

Feito por: Noelia Veiga Prieto

 

Visita Mbot a EEI. Nosa Señora do Carme

O día 24 de Febreiro os alumnos de 6ºB foron ao colexio Nosa Señora Do Carme.

Levamos os robots e un coche con motor eléctrico de lego. O primeiro que fixemos foi unha presentación  do coche, feito por Martina, e logo outra sobre como montar os robots (Mbot), feita por Saioa.

A continuación deixamos manexar aos alumnos do colexio do Carme os Mbots.

Ao cabo dun rato, o director ensinounos o establecemento; as aulas, os patios para o recreo...

 

 

Feito por

Martina Pazos Iglesias

Saioa Iglesias Domínguez

 

Desmontamos e montamos o M-bot na casa

O primeiro que fixemos foi desmontar a parte inferior do robot, composta, polos motores enganchados por porcas, a batería, e os sensores detecta obxectos, unha vez xa desmontada a parte inferior, comenzamos coa superior composta por unha caixa de plástico transparente, onde van conectados os cables que fan que o M-bot funcione. Cando xa acabamos de desmontar todo o robot, do mesmo xeito volvímolo montar.

Ao seguinte día levámolo á clase e dixémoslle ao profesor que a roda de diante estaba mal montada cando nolo deixou.

 

Noelia V. - debuxo de Noelia I.

 

Proxecto Robótica

Xa dende hai uns días están connosco os kits de montaxe dos Mbots, un dos cales nos presenta Martina. En nada a choiar con eles.

Distribuir contido

PDI 2023-2024

PLAMBE

Radio na Biblio

Froita na escola

Xadrez


Proxecto "Colexio do Benquerer"

PDI 2022-2023

"Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"  PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" 

PDI 2021-2022: Os inventos

Camiño Portugués

Camiño Portugués

Blog Aprendo Programando 2016/2017

Pais/Nais

Eventos

« Abril 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930

Iniciar sesión

Faite socio!

Pincha enriba do Xabarín para aceder á súa páxina

Portas Abertas Virtuais

  Visita guiada ao noso colexio

Punto Laranxa contra o acoso escolar

INFANTIL: Brincando no Sequelo

Visita o Blogue de Infantil cunha enchente de actividades

A mascota Tuxiña

Pincha na mascota da Biblioteca e acede ao Blog externo

Radio Sequelo

O Sequelo na prensa

Liga Fútbol Sala

1) Clasificación. *

2) Xornadas. *

3) Equipos. *

4) Noticias. *

* Fai clic enriba de cada categoría e abrirache unha nova fiestra.