Biblioteca

Concurso de "Decoración de cabazas". Samaín 2021

Despois dunha difícil deliberación do xurado as cabazas gañadoras foron: 

  • 1º Categoría: Gabriel Soto Pazos, de 4º 
  • 2ª Categoría: Nicolás Cabada Boullosa, de 2ºA

Parabéns aos gañadores e moitas grazas a todos pola vosa participación, estaban todas estupendas. Fixestes que a elección do xurado fora realmente difícil.

Contos terroríficos

Publica aquí os audios ou vídeos dos teus contos de medo ou contos terroríficos; ou ben, entrégallos ao teu profe titor-a para que os publique.

Feito con Padlet

"Concurso de decoración de cabazas". Samaín 2021. CEP Sequelo

Neste taboleiro de "Padlet" podedes poñer as fotografías das vosas cabazas. Recordade que tendes as explicacións ao final da carta de Birlo (na entrada anterior desta web e tamén no blog da biblioteca).

Agardámolas impacientes.

Seguro que as facedes de meeeedo!!!

Hecho con Padlet

Actividades Samaín 2021

Ola! son Birlo, como xa sabedes a mascota da biblioteca, que ando por aquí argallando cousas un ano máis.

Aquí vos deixo esta carta explicando o que o equipo de dinamización da biblioteca, o EDLG (Equipo de Dinamización da Lingua Galega), a ANPA e máis eu temos pensado para facer esta ano  para celebrar un Samaín de medo!!!

Lede a carta atentamente e animádevos  a participar! 

Moitas grazas! Vémonos!

Que aprendemos... da danza de espadas

Logo de todo o traballo que se levou a cabo no colexio, pedímoslles aos nenos que nos dixeran unha ou dúas cousas que aprenderan da nosa danza de Espadas. O resultado aquí o tedes:

Dos personaxes da danza e máis cousas

Amir, Iván, Lía, Marcos, Andrea, Abel, Ramiro, Aylen, Luis e Iria falannos dos personaxes da danza e de certas cousas que se perderon nela. Un a un van esmiuzando quen é quen na Danza de Espadas de Marín.

Recompilación da proposta San Miguel 2021 "A danza de espadas"

Este curso empezamos traballando unha das tradicións máis arraigadas no nosa vila a festividade de San Miguel e a danza que se baila nesta data "A danza de espadas".

Foi unha proposta que nun principio partiu da ANPA Aidón, con intención de facelo dun xeito informal, pero que nos veu moi ben para empezar a facer noso o lema elexido para as bibliotecas este curso "A biblioteca escolar ten a palabra", poñendo o foco na palabra e na oralidade.

Así que propuxemos ao noso alumnado que preguntase ao que tiña máis preto, ás fontes orais: avós, pais, amigos, veciños... recollendo toda esta información. 

Recuperamos deste xeito a utilización da biblioteca, como lugar de encontro, despois do parón do curso pasado derivado da situación producida pola COVID, e de restreno tras as obras que se realizaron a fin de curso. 

O noso agradecemento á ANPA pola súa colaboración e implicación no desenvolvemento das actividades.

Deixámosvos a recompilación de como se desenvolveu toda a proposta.

A orixe da festa de San Miguel

De maneira "extraoficial" a festa púxose en Setembro, porque alí cadraba San Miguel, pero por moitas outras cousas que tiñan que ver co xeito en que os mariñeiros se ganaban a vida, e así nolo contan Kenia, Antón, Aaron e Noa e aos mandos estiveron Uxía e Aitana de 5º

 

Danza de espadas: entrevista a Lois Dopazo

A Radio Sequelo ponse en movemento outro ano mais e para conmemorar o día 29 de Setembro, acude ás nosas instalacións o Presidente do Padroado de Mareantes, Lois Dopazo, que nesta instructiva entrevista cóntanos moitas cousas ao redor da orixe, características e formación da danza de festas e da festa onde se integra.

Bailamos a danza de Espadas

Moi agradecidos aos tres compoñentes da Asociación "Meigas e Trasgos" e á súa directora Teresa Rodríguez, e aos gaiteiros "Os de Marín", gaiteiros na danza nos 60, que desocuparan un anaquiño do seu tempo para amosarnos como, malia estes tempos de pandemia, se baila a danza de espadas.

Parabéns tamén á pertiguista de son e á operadora de cámara, novas no choio, pola excelente grabación.

A GAITA MÁIS ANTIGA DE MARÍN

Hoxe, a Gaita máis antiga de Marín, 200 anos ten enriba, a gaita Marañona, propiedade dunha antiga saga de gaiteiros de Mogor quixo estar connosco para celebrar o día; e para o mesmo, trouxo con ela ao gaiteiro de Picuíña, José Gil Dopazo.

Isto foi o que nos contou:

 

A danza de Espadas: un exército en movemento

Es quen de atopar aos "xefes" ou mestres de danza destas danzas de espadas das Rías Baixas e identificar que os diferencia dos demais danzantes?

Aprende ademais o nome do resto dos personaxes que conforman a danza de espadas de Marín.

A Danza de espadas de Marín

O día 29 de Setembro de moi antigo, foi día grande en Marín. Como co cambio climático e outros cambios na sociedade é difícil poder celebralo cando é lectivo, o noso centro quere celebralo como se merece dentro das nosas posibilidades. Puxemos aos nenos a descubrir os porqués, comos, candos e onde dunha das nosas festas máis tradicionais. Axiña nos chegaron os primeiros traballos como este marabilloso vídeo de Adriana Cambeiro de 2º que foi coñecer de primeira man como se preparaban os danzantes para a festa.

A Figueira de Newton

Animación feita con Scratch, idea orixinal de Breixo Vidal e narrado por el mesmo e Daniel Pastoriza Pidre. Unha versión nova do descubrimento da Gravidade por Newton

O Eco do Sequelo

Que pasaba en 2015, cando os rapaces de 6º entraban no noso Centro? Pois moitas cousas como as que nos contan Candela, Carla, Alexandra, Maroua e Irene.

Todo iso xunto coa entrevista a algún dos mestres que estiveron con elas este ano. Revista feita con maquetas do Scribus.

 

20 Razóns para falar galego

Os alumnos de 6º B aportan cadansúa razón para falar galego ou cando menos para non esquecerse da lingua que creamos os habitantes deste pequeno recuncho arriba e a dereita da Península Ibérica.

Entrevista á Profe Mar

Entrevista moi interesante a que realizaron os alumnos de 6º á profe Mar, centrada na súa próxima despedida do colexio, pero esta vez dende a visión que temos os mestres de tódolos alumnos que ao longo dos anos pasaron polo noso centro. 

E logo Zoe que nos conta unha divertida anécdota.

Premios Muralla de Lugo de Redacción

Logo de moitas participacións sen conseguir outro resultado (que xa dabondo é) que os rapaces se interesasen por un dos monumentos máis interesantes do noso rico patrimonio, este ano volvimos té-la sorte de contar con outro finalista nos premios.  Dende Lugo mandounos esta fotografía. Parabéns Xoel Sequeiros.

Distribuir contido

PDI 2023-2024

PLAMBE

Radio na Biblio

Froita na escola

Xadrez


Proxecto "Colexio do Benquerer"

PDI 2022-2023

"Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"  PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" 

PDI 2021-2022: Os inventos

Camiño Portugués

Camiño Portugués

Blog Aprendo Programando 2016/2017

Pais/Nais

Eventos

« Abril 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930

Iniciar sesión

Faite socio!

Pincha enriba do Xabarín para aceder á súa páxina

Portas Abertas Virtuais

  Visita guiada ao noso colexio

Punto Laranxa contra o acoso escolar

INFANTIL: Brincando no Sequelo

Visita o Blogue de Infantil cunha enchente de actividades

A mascota Tuxiña

Pincha na mascota da Biblioteca e acede ao Blog externo

Radio Sequelo

O Sequelo na prensa

Liga Fútbol Sala

1) Clasificación. *

2) Xornadas. *

3) Equipos. *

4) Noticias. *

* Fai clic enriba de cada categoría e abrirache unha nova fiestra.