1º Primaria

COUSAS DA CLASE E DO COLE

Os nenos e nenas de 2º e 1º definiron así algunhas cousas que se poden atopar na clase e no cole, como traballo de expresión oral dentro do Proxecto "40 Anos de Escola". Intentade averigualas. 

 

SAÍDA DO PRIMEIRO CICLO AOS MUIÑOS DO RÍO BAROSA

Os rapaces do primeiro ciclo visitaron os muiños do Barosa, onde aprenderon de primeira man a rica cultura galega ao redor dos muiños: poemas que realizaron, contos que se contaban mentres se esperaba para moer, cancións, a musica dos muíños que orixinou a muiñeira, a cultura do pan, vocabulario novo ao redor deles (maquia, moa, quenlla....) e moitas mais cousas das que este video é unha modesta testemuña.

TEATRO NAS AULAS

Os nenos de 2º A baixo a direción da súa mestra Asun crearon esta pequena dramatización que levaron ao resto das aulas nestes derradeiros días do curso 2012-2013



Yellow submarine para Ciclo Inicial.

 

 

 

SAÍDA DIDACTICA AO LAGO DE CASTIÑEIRAS

Os nenos do primeiro Ciclo saíron a coñecer o su entorno natural mais cercano tanto no que se refire no aspecto natural como histórico, en con tal fin visitaron o Lago de Castiñeiras onde nace o río que pasa a rentes do noso colexio. Alí ademais de coñecer de primeira man a riqueza natural da paraxe, visitamos a nosa riqueza arqueolóxica; os nenos ficaron extasiados diante da presenza dunhas construcións (como lle explicaron os monitores) mais antiguas cas propias pirámides de Exipto e que os nosos mais antiguos devanceiros construiron para soterrar aos seus mortos.

 

VISITA AO VALENTÍN PAZ ANDRADE

No día Mundial dos Océanos era o momento de coñecer lo barco que leva por nome o autor a quen se lle adica este ano O día das Letras Galegas, e os rapaces de segundo pasaron unha mañán moi divertida e aprenderon moitas cousas dentro do navio.

CARLOS FONTES: POEMAS CON PIRULETA

 

O escritor de Vilaboa Carlos Fontes tivo a amabilidade de compartir connosco a mañán do xoves, onde os mais pequenos leron e recitaron poemas do seu primeiro libro "Poemas con Piruleta" e onde ademáis nos presentou en primicia o seu novo libro de Poesía Infantil "Versos en Flor".

Cunha inmensa paciencia foi unha a unha polas catro clases do primeiro Ciclo.

 

 

PARTICIPAMOS NO PONTE... NAS ONDAS 2012

 

Con este video que é un refrito dalgunhas das actividades que vimos realizando durante todo o ano, moitas delas xa verquidas en videos que aproveitamos, é co que participamos no "Ponte nas ondas 2012", que no seu XVIII aniversario ten como lema "Ponte a contar".

"Os xoves do século XXI xa non escoitan no seu entorno familiar, os contos tradicionais que noutro tempo os pais e avós contaban nos momentos de traballo e lecer. Por esta razón, a escola non pode permanecer allea a necesario labor de transmisión dos contos populares ás novas xeracións, facendo novas lecturas e interpretacións das narrativas tradicionais, adaptándoas aos novos tempos coa axuda dos medios audiovisuais."

 

Construindo Poesía

A través do amigo Galefas chéganos esta interesante guía metodolóxica realizada polos compañeiros do CEIP Pintor Laxeiro de Vigo, de como traballar a poesía en primaria.

SAÍDA DIDÁCTICA "A PANTASMA DO PALCO"

Os alumnos do primeiro Ciclo de Primaria acudiron ao Centro Cultural Do Banco NovaCaixaGalicia á representación da obra didáctico-músical "A Pantasma do Palco" e non se conformaron con ser meros espectadores da obra, senón que foron copartícipes da mesma. 

ESCOLA DA LAREIRA

Este espazo na aula de Psicomotricidade, foi concebido como un espazo, onde seguindo o ronsel dos nosos devanceiros, aprender, ensinar, repetir, compartir e socializar a través da oralidade en todalas súas facetas: contos, trabalinguas, adiviñas, refráns... Así mesmo esperamos que sexa un lugar onde toda a Comunidade Educativa do Sequelo poda amosar o seu talento artístico ao carón do lume. e como primeiro exemplo deste espazo cultural e artístico deixamosvos esta sesión de contacontos organizada polos nenos do primeiro Ciclo.

Reseñar co entorno da Lareira surxiu das máxicas mans da profe Asún e a decoración con obxectos propios das cociñas antiguas son un préstamo dalgún pai. Se algún mais se anima estaríamos encantados de contar con algo mais cun tres pes, un aceiteiro e unha ola de barro

Un soño na bandexa

Esta mañán os nenos de 1º estiveron acompañados de Mariné Lorenzo Corcoba e o seu libro  "Un soño na bandexa", libro que está doado a Asociación Contra o Cancro. Mariñé encheu un libro de bos e dulces desexos e os nenos de primeiro encheron tamén a súa propia bandexa.

O que canta o Samaín espanta

Os compañeiros do Ceip Mestre Goldar xa fai tempo fixeron esta adaptación ao video do tema de Mamá Cabra "Samaín"

E para espantar o medo que mellor que cantar.

Museo Massó

18/05/2011 09:00
18/05/2011 14:00
Etc/GMT+2

Hoxe os nen@s de 1º foron de excursión a Bueu o Museo Massó,gustoulles moito sobre todo o planetario,e pasaronno moi ben merendando o aire libre todos xuntos.

 

 

Xogamos

Se queres xogar fai clic neste enlace e pásao moi ben:

http://www.chiscos.net/xestor/chs/mouron/xogo/xogo.html

Distribuir contido

PDI 2023-2024

PLAMBE

Radio na Biblio

Froita na escola

Xadrez


Proxecto "Colexio do Benquerer"

PDI 2022-2023

"Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"  PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" 

PDI 2021-2022: Os inventos

Camiño Portugués

Camiño Portugués

Blog Aprendo Programando 2016/2017

Pais/Nais

Eventos

« Marzo 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031

Iniciar sesión

Faite socio!

Pincha enriba do Xabarín para aceder á súa páxina

Portas Abertas Virtuais

  Visita guiada ao noso colexio

Punto Laranxa contra o acoso escolar

INFANTIL: Brincando no Sequelo

Visita o Blogue de Infantil cunha enchente de actividades

A mascota Tuxiña

Pincha na mascota da Biblioteca e acede ao Blog externo

Radio Sequelo

O Sequelo na prensa

Liga Fútbol Sala

1) Clasificación. *

2) Xornadas. *

3) Equipos. *

4) Noticias. *

* Fai clic enriba de cada categoría e abrirache unha nova fiestra.