ANPA

INFORMACIÓN DA ANPA AIDÓN

INFORMACIÓN DA ANPA AIDON

Neste curso tan excepcional para evitrmos riscos de contaxio pola COVID podedes facervos socios da ANPA AIDÖN sen ter que acudir ao colexio, mediante transferencia bancaria á conta de Abanca ES65-2080-5111-1630-4000-1830

¡¡¡IMPORTANTE!!!:

Cando fagades o ingreso poñer:

  • Concepto: Afiliación á ANPA Aidón do CEP. Sequelo
  • Nome da alumna/o e curso.

Enviádenos por WhatsApp ao teléfono da ANPA 684340673, unha foto cos datos do pagador (nai/pai/titor/a)

Custo: 18€ por familia.

Porque é importante facerse socio:

  • Porque a ANPA Aidón xestiona o comedor escolar e o Plan Madruga.
  • Porque solicita, e apoia as solicitudes do Equipo Directivo, á Consellería de Educación e ao Concello de Marín diversas melloras para o centro:
    • Dotación de profesorado e de persoal non docente.
    • Desdobres de grupos.
    • Obras e reformas.
    • Dotación de materias para a prevención do COVID.
    • Porque colabora co colexio na organización dos festivais e conmemoracións que se organizan durante o curso.
    • Porque organiza as actividades extraescolares da tarde.
    • Porque recolle e transmite ao Equipo Directivo as dúbidas, as inquedanzas, as problemáticas e as peticións que lle transmiten as familias.

Moitas grazas

Un saúdo, Ramón Alfonso Meis, presidente ANPA AIDÖN

 

 

As vodas do ceo: Contos tradicionais galegos (IV)

Se hai un conto que se poida dicir tradicional, e que está amplamente espallado por toda Europa e este que nos conta Carla e que recolle dunha forma popular o mito de Icaro, aquel que quixo tocar o sol, e acabou esnafrado.

"Fuxe laxe que te esfarelo, que se saio desta, non quero máis vodas do ceo"

Carta da ANPA AIDÓN para o alumnado do colexio. Instrucións uso de mascarillas.

Ola..!!! ¿Cómo estás?

En primeiro lugar, as nosas grazas e noraboa por quedarte na casa tanto tempo para protexerte ti e a os demáis. Imaxino que xa terías moitísimas gañas de sair, ¿verdade? Pois xa ves que finalmente chegou.

Dende a ANPA AIDÓN do Colexio Sequelo, queremos que a saida á rúa sexa o máis segura posible e por iso e porque sabemos que durante o confinamento, te portaches moi ben, facémosche chegar esta mascarilla.

Lembrámosche que tes que seguir as instruccións das autoridades sanitarias. Sabemos que foi difícil non poder sair da casa, ir ó colexio, visitar á familia, xogar cos amigos… pero pronto se poderán facer todas esas cousas.

Namentres, animámoste a seguir portándote ben, facerlle caso ós teus pais e cumplir as normas, e recorda:

O rato que saias ¡pon a mascarilla!

Hola .. !!! ¿Cómo estás?

En primer lugar, nuestro agradecimiento y felicitaciones por quedarse en casa tanto tiempo para protegerte a ti y a los demás. Supongo que ya tendrías muchas ganas de salir, ¿verdad? Pues, ya ves que finalmente llegó.

Desde la ANPA AIDÓN del Colegio Sequelo, queremos que la salida a la calle sea lo más segura posible y por eso y porque sabemos que durante el encierro, te portaste muy bien, te enviamos esta máscarilla.

Te recordamos que debes seguir las instrucciones de las autoridades sanitarias. Sabemos fue difícil no poder salir de casa, ir al colegio, visitar a la familia, jugar con los amigos ... pero pronto se podrán hacer todas esas cosas.

Mientras tanto, te animamos a que sigas portándote bien, le hagas caso a tus padres y sigas las reglas, y recuerda:

El momento que salgas ¡ponte la mascarilla!

Cando saias á rúa, segue as instruccións das autoridades sanitarias e faino solo nos casos permitidos.

Cuando salgas a la calle, sigue las instrucciones de las autoridades sanitarias y hazlo solo en aquellos casos permitidos

É moi recomendable sair á rua coa mascarilla posta, e pona sempre se vas a entrar en lugares cerrados con moita xente.

Es muy recomendable salir a la calle con la mascarilla puesta y póntela siempre si vas a entrar en lugares cerrados con mucha gente.

Podes reutilizar esta mascarilla lavándoa seguindo as instruccións específicas que a acompañan.

Puedes reutilizar esta mascarilla lavándola siguiendo las instrucciones específicas que la acompañan.

  GRAZAS….!!!!

Samaín 2019, "A casa do terror"

Como xa ven sendo tradicional a ANPA do cole decorou a vivenda que ten asignada para diferentes actividades, convertendoa na perfecta "Casa do terror", na que ademais de facer algunha bromiña típica da celebración tamén realizaron a exposición do concurso de decoración de cabazas. 
Pasaron todos os cursos a visitala e algún que outro levou un sustiño, que compensou coas chuches que recibiu á saída; sen lugar a dúbidas foi unha mañá "terroríficamente divertida".
Moitas grazas á  ANPA, cada ano superádesvos.
 

Embarcación Xiana 2018

O 1 de maio do ano pasado, xa baixamos cun maio e un barco. Eu estaba no maio con meu amigo Victor e Fran. Eramos os mais pequenos pero fomos os que mais coplas vendimos...Ben, o que vendeu mais coplas foi Fran. Logo as 12 cantamos e pola tarde fixémolo no concurso.  Gañamos os 3 premios

Este ano, cando chegamos a alameda, o primeiro que fixemos foi coller as coplas que estaban debaixo do noso barco, e fomos vendelas.  A uns déronlle moito diñeiro como a Miguel 5 € por unha soa copla, pero a outros déronlle pouco coma min que un me deu 6 céntimos por unha copla.

Ao chegar as 12h cantamos para o público.

Logo, pola tarde, estiven xogando ao fútbol cos meus amigos dos maios e a outra embarcación do CEP SEQUELO.  Cando chegaron as 17:30 h cántamos para os xuíces e unha hora máis tarde gañamos moitos premios, e comemos rosca con chocolate.

 

Feito por Manuel Santiago Villanueva- Noé González Soage 6º B

Un maio faise así

Un maio faise así con margaridas, pampullos, ovos, laranxas do pó, limóns, fiuncho, espadaina.... e coa colaboración da nosa estupenda ANPA, de pais de exalumnos que quixeron estar connosco, con moitos pais de alumnos que viñeron, con xentes doutras ANPAS (a do Grupo) que viñeron a ver como se facía para eles facelo logo, con mestres que ese día fomos un máis á hora de elaborar o maio; e con alumnos que nos ratos libres dabanlle unha patada ao balón, mais estaban ali

Así todos xuntos dedicamos unha tarde das nosas vidas a ser parte dun engranaxe de Transmisión e  Tradición que se perde nos tempos, e no que mentres podamos temos a obriga de ser parte.  

E por fin ás 12 da noite tiñamos o noso maio coroado.

Ao día seguinte listo para saír cara a Marín desexando non ter os percances do ano pasado

 

Construción do Maio

Uns días antes do 1 de Maio, os nenos e nenas de 6º e 5º de primaria, puxémonos a coser os distintos materiais:  margaridas, fiúncho, espadaina, limóns, laranxas, calas .....  .

Tamén logo baixaron os nenos máis pequenos e todos fixeron algo, uns cortaron os rabos dos pampullos, outros coséronos.....

O día 27 tres nais do ANPA estiverono vestindo na sala de psicomotricidade con todo o que deixaramos preparado.  E o resultado final foi este:

Os Trolls do Sequelo

O rei Celestroll I acompañado da súa corte de trolls no desfile do Sábado de Entroido polas rúas de Marín, marcando liña todos eles, o rei máis. Parabéns á nosa ANPA polo espectacular traballo e por facer que unha veintena de rapaces disfrutasen.

ROSALÍA É NOSA

O 24 de Febreiro cúmprense 150 anos da publicación do libro de Rosalía de Castro, "Cantares Galegos". Coincide ademais, o ser a data do nacemento da autora e nese día todas as institucións culturais galegas van celebrar con distintas actividades "O día de Rosalía"

Nós tamén nos queremos unir á homenaxe pública á obra de Rosalía de Castro e nunha data tan especial para todos os galegos queremos invitarvos a que elixades un poema, estrofa ou versos do libro e veñades lelo cos vosos fillos á BIBLIOTECA do colexio na mañá do venres día 22 de Febreiro.

Se vos é imposible estar ese día e queredes participar no acto podedes gravarvos en video cos vosos fillos e mandarnolos ao seguinte correo ceipsequelo@gmail.com. O texto do Libro tédelo no arquivo adxunto desta misma entrada

SAMAIN 2012

Un pequeno adianto resumo do que aconteceu o día do Samaín na casa do Terror da Anpa Aidón

Blog da ANPA

A Asociaciópn de Pais e Nais de Alumn@s ven de crear un novo espacio interactivo dentro da nosa Comunidade Escolar. Visitaos en http://anpaidon.blogspot.com.es/ e acederás ás, novas e actividades que te atinxen como integrante da nosa Comunidade Educativa.

Os Reis Magos no Sequelo

Tardaron en aparecer nesta páxina, mais mellor tarde que nunca, e grazas ao traballo da nosa AMPA os Magos de Oriente visitaron a nenos, pais.....e por suposto mestres. Sacamonos unhas fotos con eles, pasamos un bo rato; o do ouro, a prata e o incienso non se lle viu moito, disque este ano a crise tamén lles chegou e para darlles de comer aos camelos e poder chegar ao Sequelo seica tiveron que empeñalos; mais o importante foi o bo rato que nos fixeron pasar aos pequenos e aos non tan pequenos

 

PARCELAS A CARÓN DO PAVILLÓN

O 5 de Xaneiro cal Reis Magos que se precen, o Concello de Marín, agasallou á Comunidade Educativa do CEP Sequelo con dúas leiras, pequenas, pero leiras ao fin e ao cabo. Todo foi debido ao bo labor e á dilixencia dos compoñentes da nosa asociación de pais e nais "Andión" á hora de escrebirlle a carta aos "Reis Magos". Un par de parcelas destinadas a actividades de caracter didáctico e ás que, tanto o Anpa coma o Colexio, esperamos sacarlle bo fruto, ou o que teñan a ben dar ambalas dúas.

Noraboa á nosa AMPA que outra vez mais se apunta un tanto na sua tarefa cotián en prol do colexio de todos.

Distribuir contido

PDI 2023-2024

PLAMBE

Radio na Biblio

Froita na escola

Xadrez


Proxecto "Colexio do Benquerer"

PDI 2022-2023

"Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"  PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" 

PDI 2021-2022: Os inventos

Camiño Portugués

Camiño Portugués

Blog Aprendo Programando 2016/2017

Pais/Nais

Eventos

« Marzo 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031

Iniciar sesión

Faite socio!

Pincha enriba do Xabarín para aceder á súa páxina

Portas Abertas Virtuais

  Visita guiada ao noso colexio

Punto Laranxa contra o acoso escolar

INFANTIL: Brincando no Sequelo

Visita o Blogue de Infantil cunha enchente de actividades

A mascota Tuxiña

Pincha na mascota da Biblioteca e acede ao Blog externo

Radio Sequelo

O Sequelo na prensa

Liga Fútbol Sala

1) Clasificación. *

2) Xornadas. *

3) Equipos. *

4) Noticias. *

* Fai clic enriba de cada categoría e abrirache unha nova fiestra.