Música dende a casa

Música dende a casa (20): "Ritmo para acompañar as coplas de "Os maios"

Fai uns días propuxémosvos que fixerades coplas para celebrar a festa de "Os maios", logo decatámonos de que seguro os faltaban os tradicionais paus para acompañalas co ritmo. Pois ben, ocorréusenos que nos poderían servir os utensilios de madeira que hai en todas as cociñas. Eu atopei todos estes e fixen unha proba que espero que vos sirva.
Agora pedídelle permiso aos vosos pais para usalos, e animádevos a probar, seguro que vos sae mellor!
 

Música dende a casa (19): "Levántate Maio Marín 2020 Sequelo"

Tódolos anos, chegadas estas datas, o Ateneo Santa Cecilia convoca o seu concurso de Maios; este ano por as especiais circunstancias que vivimos non imos poder facer o maio e saír con el polas rúas da vila.
Pero... que tal se o cantamos “dende a casa”? 
Pois ben, ahí vai a nosa proposta: “Levántate Maio Marín 2020 Sequelo".
Mandádenos un vídeo cantando unha ou dúas estrofas dunha copla dun maio. Podédelas crear vos mesmos seguindo o manual que fai uns días nos deixou o profe José Antonio na entrada da web do centro titulada “Coplas dos maios”. Ou ben se non vos atrevedes a crealas pero queredes cantalas decídenolo e dámosvolas nós. 
Tendes de prazo ata o día 28 de abril. Con todas as gravacións recibidas faremos un vídeo que ten que estar listo para saír o día 1 de maio.
Recórdovos o correo para envialas sequelonacasa@gmail.com.
Para aprender a melodía, deixamos este audio cantado fai uns anos por un grupiño de nenos e nenas, algunhas aínda están no cole e outras xa se foron.

Música dende a casa (18): "O cuco", canta Pedro Castro de 4ºB

Pedro Castro de 4ºB canta, acompañado do tambor, unhas copliñas da cantiga "O cuco". Moi ben Pedro, sabemos que cantar e tocar ao mesmo tempo non é nada sinxelo. 
Tamén sabemos que estás aprendendo a tocar os instrumentos de percusión, así que se te animas con outra interpretación estaremos encantados de escoitarte.
 

Música dende a casa (17): "O cuco", canta Aitor Moreira de 4ºB

Aitor Moreira de 4ºB foi o primeiro en animarse a cantar unhas copliñas da cantiga "O cuco", que como xa sabedes nos dedicou Xosé Iglesias Buxán.

Moi ben Aitor, fixéchelo moi ben!!!

E os demais... a que estades agardando? Animádevos!!!

Música dende a casa (16): Canción orixinal "O cuco", versión karaoke

Para que vos sexa máis fácil aprender a canción "O cuco" deixámosvos a versión orixinal estreada por Suso Vaamonde, co karaoke feito polos compañeiros do CEP Pilar Maestú Sierra de A Pobra do Caramiñal. 
Así que agora xa non tendes desculpa, aprendede un anaquiño, gravádevos e enviádeo aos correos que xa sabedes sequelonacasa@gmail.com ou mglealgonzalez@gmail.com.
 

Música dende a casa (15): XOSÉ IGLESIAS BUXÁN

Houbo un tempo en que esta canción inspirada no poema de Manuel María "O Cuco", e con melodía de Suso Vaamonde era ben coñecida polas xentes do pobo. Foi moi popular e a súa gravación en vivo nun concerto en Moaña tivo grande repercusión na nosa zona. 

Eses tempos por desgraza xa pasaron, mais Xosé que estivo presente daquela cantando e tocando no concerto, reinterpreta para nós dun xeito maxistral a canción. Non é unha estrea en todo o sentido da palabra, pero case, porque a súa axente artística que é aguda coma un allo, ao pouco de gravala mandouna á TVG con saúdo ao noso colexio e todo.

ANIMÁDEVOS E MANDÁDENOS UN VÍDEO CANTANDO UN ANAQUIÑO DESTA CANCIÓN PARA MANDARLLO AO ARTISTA.

Música dende a casa (14): BIM BUM. XOGO MUSICAL

Soraya López, profesora de Música e nai de Alonso (1º) e Laura Arribas (5º) quere compartir con todos nós este divertido xogo musical. Animádevos a probalo!!!

Música dende a casa (13): Eloy Aboal de 2º, interpreta ao clarinete a canción popular "Campanita del lugar"

Eloy de 2º curso interpreta para nós a coñecida canción popular "Campanitas del lugar", moitísimas grazas por compartir a túa interpretación.

Eloy aínda empezou este ano a tocar o clarinete, pero como vedes xa se vai defendendo moi ben.

Moito ánimo Eloy!!! Se te atreves con outra estaremos encantados de escoitarte.

Música dende a casa (12): Quédate en casa (baile)

Ola! Mirade que ben o fan Valeria Pazos Iglesias de 3º e Irene Pazos Iglesias de 6ºB, coa colaboración da súa irmá Martina gravando. Baile con mensaxe "Quédate en casa". Parabéns.

Música dende a casa (11): Hai unha liña (Seso Durán)

Seso Durán profesor de Secundaria, músico, historiador, compositor, vídeo creador e productor marinense (CANTODAREA), que dende os 90 (como integrante do grupo de música folk Liorna, entre outros) publica a súa obra, centrada nos últimos anos en contido relacionado coa didáctica musical.

Comprometido coa innovación, é invitado regularmente a compartir os seus proxectos e experiencias nos foros educativos máis destacados (Culturgal, Universidade de Santiago de Compostela, Universidade Autónoma de Madrid, etc). Conseguiu numerosos recoñecementos a nivel galego e estatal.

Pero o que é moito máis importante que todo o anterior, Seso é o orgulloso pai de Manuel, un neno autista de 11 anos, para o que compuxo "Hai unha liña"

Música dende a casa (10): Xiana 6ºB

Xiana Gómez Orge de 6ºB interpreta ao piano a "Antigua canción napolitana". Parabéns!

Música dende a casa (9): Darío Vidal de 6ºA interpreta á trompeta o tema "Libre"

Darío Vidal de 6ºA interpreta coa trompeta o coñecido tema "Libre" que interpretou o cantante Nino Bravo, pola década dos setenta.

Moitas grazas Darío por facer que o noso alumnado coñeza este tema que xa é un clásico da música pop española.

Preguntádelle aos vosos pais e avós se o coñecen. E recordade visitar o blog da clase de música ("Descubrindo a Música"), para algunha actividade sinxeliña relacionada con isto.

Música dende a casa (8): Breixo Vidal de 5ºB interpreta ao teclado "As pelotas saltarinas"

Novamente Breixo Vidal de 5ºB fai unha estrea dunha composición súa para todo o público do CEP Sequelo.

Hoxe vai interpretar unha pequena canción titulada "As pelotas saltarinas". Animádevos a cantar con el.

Moi atentos ao final do vídeo onde aparece un fan entusiasmado pola súa obra.

Música dende a casa (7): PABLO DÍAZ

Pablo Díaz, cantante, compositor e investigador da música galega. Desde moi novo estuda e ensina materias relacionadas co baile e a música tradicional: a gaita, o clarinete, percusións variadas (tambor, bombo ou pandeireta), e a voz. Forma parte de varios grupos de música tradicional e folk (Donaire, Ruote, Entrecaixas e Tátara Trío), participando como músico e cantante. Colaborou tamén con Susana Seivane ou Pablo Seoane. Foi músico acompañante en contacontos da editorial Kalandraka.

Ten escrito artigos sobre música tradicional en revistas e xornais, participando tamén no programa Lume na palleira da Radio Galega.

 Obras publicadas para os nenos

Tic Tac, 2010, Kalandraka. Libro-disco con ilustracións de Marc Taeger.

Toc Toc, 2013, Editorial Galaxia. Libro-disco con ilustracións de Nuria Díaz.

Xente miúda moita fartura, 2014, CD autoeditado, con ilustracións de Nicolás Fernández.

Tic Tac Toc, 2016, Galaxia. Libro-disco

Coas miñas mans, 2018, Galaxia. Libro-disco.

Pablo é un dos interpretes que participara no libro-CD "A nosa memoria" que recollía a tradición popular oral da nosa vila.

Música dende a casa (6): Breixo Vidal de 5ºB interpreta ao teclado "Todo o mereces ti"

Breixo Vidal de 5ºB envíanos esta peza interpretada ao teclado, que el mesmo compuxo, titulada "Todo o mereces ti" dedicada ao seu irmán.

Moi ben Breixo, isto si que é unha primicia; unha estrea diante do gran público do CEP Sequelo. Noraboa!

Aproveitando a túa xentileza nós ímola dedicar a todo o alumnado do colexio, porque "Todo o merecedes vós" pola boa acollida e participación en todas as propostas que vos facemos.

Música dende a casa (5)

Iria mándanos este animado vídeo co seu pai. Así nos gusta que non decaia!.

Música dende a casa (4): El Sol no regresa.

Ola, de novo. Aquí déixanos outra mostra do seu arte, Irene Pazos Iglesias de 6ºB, tocando a guitarra e cantando esta fermosa canción do grupo "La Quinta Estación". Parabéns.

 

Música dende a casa (3): A VIDA É BELA

Porque malia as circunstancias que nos tocan vivir, a vida segue sendo bela, Laura Arribas López e os seus pais, baixo a dirección do pequeno Herbert von Karajan,  mandáronnos dende a casa esta cousiña tan fermosa.

Sabemos que temos moi bos músicos no cole, algún ata toca o UKELELE. Animádevos e mandádenos cousiñas.

Música dende a casa (2): LUIS PREGO

Luís Prego leva moito tempo a ensinar baile tradicional por diferentes puntos do País pero leva aínda máis tempo a aprender dos nosos maiores aos que visitou, para que lle ensinaran puntos e xeitos do noso baile. Con toda esta sabedoría, Luís escribiu “PARA CANTAR E BAILAR” e “XOGOS MUSICAIS”, dirixiu grupos de baile como o compostelano “Brincadeira”, participou na elaboración do CD destinado ao público infantil "COPLAS DAS ESTRELAS".... E ademais de todo isto  é compoñente de grupo de folk ARDENTIA, cunha longa traxectoria ás súas costas.

Luis é, como vedes, un bo coñecedor da nosa tradición musical e para estar connosco elixiu esta coñecida canción acumulativa: "UNHA VELLA TIÑA UN CAN".

Que máis animais coñecedes e como se chaman os seus "cantos"? Animádevos a participar cos vosos comentarios! (non esquezades asinalo co voso nome).

Música dende a casa (1): "A primavera" de "As catro estacións" de Vivaldi

Hoxe cumprimos unha semana xa de confinamento dentro das nosas casas, que nos fai sentir que non sabemos moi ben en que día vivimos, polo que moitos de nós nin sequera nos decatamos de que hoxe empeza a primavera.
 
Pois que mellor comezo da primavera que escoitar precisamente a obra "A primavera" das "Catro estacións" de Vivaldi.
 
Xa sei que a escoitamos e traballamos na clase moitas veces, pero esta vez podédelo facer en familia axudados deste sinxelo musicograma. E ao mellor (sobre todo os de 5º e 6º) incluso vos animades a escoitar o resto das "Estacións" e aprender un pouquiño máis da vida do compositor Antonio Vivaldi. 
 
Lembrade visitar regularmente o blog de música onde encontraredes outras propostas.
Distribuir contido

PDI 2023-2024

PLAMBE

Radio na Biblio

Froita na escola

Xadrez


Proxecto "Colexio do Benquerer"

PDI 2022-2023

"Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"  PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" 

PDI 2021-2022: Os inventos

Camiño Portugués

Camiño Portugués

Blog Aprendo Programando 2016/2017

Pais/Nais

Eventos

« Marzo 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031

Iniciar sesión

Faite socio!

Pincha enriba do Xabarín para aceder á súa páxina

Portas Abertas Virtuais

  Visita guiada ao noso colexio

Punto Laranxa contra o acoso escolar

INFANTIL: Brincando no Sequelo

Visita o Blogue de Infantil cunha enchente de actividades

A mascota Tuxiña

Pincha na mascota da Biblioteca e acede ao Blog externo

Radio Sequelo

O Sequelo na prensa

Liga Fútbol Sala

1) Clasificación. *

2) Xornadas. *

3) Equipos. *

4) Noticias. *

* Fai clic enriba de cada categoría e abrirache unha nova fiestra.