blogue deramon

Contos terroríficos

Publica aquí os audios ou vídeos dos teus contos de medo ou contos terroríficos; ou ben, entrégallos ao teu profe titor-a para que os publique.

Feito con Padlet

REUNIÓN NAIS E PAIS ALUMNOS DE 1º CURSO

Algúns xa coñecedes o colexio e paroutros é a vosa primeira vez; a todos benvidos e grazas por confiarnos os vosos fillos e fillas. Cada vez que se empeza unha etapa educativa sempre leva consigo ilusión, esperanza, pero tamén algúns nervios e incertidumes. Un colexio novo, profes novos e novos compañeiros agárdannos á volta da esquina. 

   Para darvos a benvida e falar dalgúns aspectos da organización escolar deste curso 2021-2022 gustaríame que asistirades á seguinte    REUNIÓN TITORIAL:

       DÍA: MARTES, 7 DE SETEMBRO DE 2021

       HORA: 11.30 

       PATIO DE COLUMNAS DO CEP SEQUELO

   Agardando que poidades asistir recibide un saúdo de,

                            Ramón Pastoriza (Mestre titor de 1º)

PRESENTACIÓN DO "BRICORROBOT"

Hoxe tivemos  a oportunidade de observar de preto o "Bricorrobot" xunto ás explicacións que nos dou o seu propio autor, José María Viñas. Que mellor xeito de celebrar o Día Mundial do Medio Ambiente! Nesta actividade, que puido ser seguida por todo o alumnado do colexio no patio exterior cumprindo as normas do protocolo Covid-19, o seu autor explicounos como a partir dunha idea e botando man de materiais destinados ao contedor do lixo, se poden chegar a elaborar interesantes creacións plásticas. Todos, en maior ou menor medida podemos facelo.

Grazas, José María, polas túas expllicacións. Non deixes nunca de buscar formas de expresarte, non deixes nunca de soñar!

DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

      " REIMAXINA, RECREA, RESTAURA"

O Equipo de Biblioteca e EDLG acordaron  celebrar o Día Mundial do Medio Ambiente. Este venres, de 10 a 11.30 horas todos os grupos asistirán por quendas de 15 minutos a unha breve charla explicativa a cargo de José María Viñas, artista de vocación e autor do "BRICORROBOT", feito con material de refugallo. Nas aulas faranse distintas actividades relacionadas co coidado e conservación do noso planeta.

L. GALEGAS 2021. TRUQUE MATRUQUE. "UNHA TERRA CHEA DE..."

TRUQUE MATRUQUE (Marcos Acuña) púxolle música aos contos. Ofreceunos hoxe o seu espectáculo "Unha Terra chea de..." en tres sesións, no exterior. Deste xeito rematan as actividades da Semana das Letras Galegas 2021.

Namentras un pobo cante na súa lingua esta permanecerá viva.

L. GALEGAS 2021: MARATÓN POÉTICO EN RADIO SEQUELO

 Como xa sabedes no cole temos unha estación de radio, Radio Sequelo. Este ano, debido á situación de pandemia que estamos a vivir non puido prodigarse moito nas súas emisións. Aproveitando a Semana das Letras Galegas quixemos poñer nas "ondas" un novo programa, o "Maratón Poético" . Nenos e nenas de todos os cursos irán pasando pola radio para gravar a lectura dun poema de Xela Arias e doutros/outras poetas. Proximamente anunciaremos a súa emisión dixital. Esperamos que vos guste.Alumnos de 2º en Radio Sequelo

LETRAS GALEGAS-2021. DIVERTIDA SESIÓN DE CONTOS CON BENXAMÍN MÍGUEZ

Na SEMANA DAS LETRAS GALEGAS hoxe os alumnos de 1º, 2º, 3º e 4º pasámolo estupendamente escoitando os contos que nos trouxo Benxamín Míguez. Entre outras, ofreceunos a verdadeira historia do Ratiño Pérez. Ademais, tamén ilustrou "en vivo e en directo" estas historias cuns debuxos ben simpáticos, e mesmo algúns tiveron a sorte de que os retratase no mural.

PROGRAMA LETRAS GALEGAS 2021

Este ano o CEP Sequelo celebra o Día das Letras Galegas organizando unha serie de actividades culturais para ensalzar a figura da poeta homenaxeada, XELA ARIAS.

Dada a situación de pandemia e o protocolo existente, as principais actividades vanse levar a cabo no exterior respectando os grupos burbulla e, por suposto, uso da máscara, distancia persoal e  hixiene de mans.

    Clicando no seguinte arquivo poderá acceder ao PROGRAMA.

21 MARZO: DÍA MUNDIAL DA POESÍA "Versos compartidos"

A UNESCO, no ano 1999 decidiu declarar o 21 de marzo como o Día Mundial da Poesía. Buscábase apoiar a diversidade lingüística e promover a ensinanza da poesía, a tradición oral dos recitais poéticos e darlle visibilidade á poesía como arte de expresión.

No CEP SEQUELO queremos celebralo o vindeiro luns, 22 de marzo mediante a actividade "Versos compartidos"

En cada clase trabállanse un ou dous poemas. Os nenos "maiores" son os padriños lectores dos máis pequenos. Na hora de ler intercambiamos recitados de poemas, gardando, por suposto, as normas do protocolo Covid-19.

No seguinte mural Padlet poremos unha mostra do que imos facer pero está aberto á participación de todos e todas. Dende a casa, dende onde queirades podedes subir as vosas gravacións, vídeos, fotos, textos de poemas propios ou de autor recoñecido. Só tendes que pinchar no + e subir o voso arquivo. Anímate!

Hecho con Padlet

DIA DE ROSALÍA

Un 24 de febreiro de 1837 nacía Rosalía de Castro en Santiago de Compostela. Con ela rexurdiu e acadou os cumes máis altos a literatura galega. Este ano celebrámolo con "Nubes de palabras".

 

Entroido 2021

Guías de lecturas en galego

Xa vén sendo tradición que os Equipos de Dinamización da Lingua Galega do Morrazo elaboren unhas GUÍAS de lecturas recomendadas. Aquí tendes as deste ano. Aproveitade para escoller o que máis vos guste e pedirllo aos Reis Magos ou a Papá Noel.

IRIA (4º). TORTA DE CASTAÑAS

Iria preséntanos con moito aplomo e serenidade a súa fantástica torta de castañas. Noraboa polo teu traballo e grazas por compartilo.

ROBERTO SANTOS POL. CREMA DE CASTAÑAS E CHOCOLOATE

ROBERTO (2º) quixo compartir con nós a súa receita: Crema de castañas e chocolate. Visto o resultado final debe de estar riquísima. 

  En arquivo adxunto atopades a receita paso a paso, por se queredes intentalo.

 

HUGO E JOEL DALMAU. FLAN CON CASTAÑAS

Os irmás Dalmau Barcala(Hugo e Joel) quixeron amosarnos como se fai un auténtico flan caseiro a base de castañas. Debía de estar riquísimo! E que ben o pasaron! Grazas por compartilo!

   Se queredes intentalo, tendes a receita en arquivos de imaxe adxuntos.

ÁLVARO VEIGA BALAGONES. GALLETAS CON FARIÑA DE CASTAÑAS.

ÁLVARO(2º) está feito todo un cociñeiro. Contando, ademais, coa gran axuda de súa irmá, a pinche Noa, seguro que as galletas saíron riquísimas. Grazas por compartir o vosos traballo.

Magosto. Vídeos

XA QUE  IMOS EDITAR UN LIBRO DE RECEITAS, QUEREMOS ANIMARVOS A QUE VOS POÑADES MANS Á MASA, ELABOREDES ALGÚN PRATO CON CASTAÑA E....

                 GRAVEDES EN VÍDEO O VOSO TRABALLO DE "CHEF"  PARA COMPARTILO CON TODOS E TODAS. DEBE SER UN VÍDEO CORTIÑO, MÁXIMO 2 MINUTOS. PUBLICARANSE NESTA WEB.

Mandade os vídeos a:

 sequelotitor1@gmail.com (preferiblemente a través de  WE TRANSFER ou se non directamente a ese enderezo de correo).

RECEITAS CON CASTAÑAS

A CASTAÑA É, SOBRE TODO, UN ALIMENTO QUE DURANTE MOITOS ANOS FOI BÁSICO NA DIETA DE MOITOS GALEGOS. HOXENDÍA COÑECÉMOLO MAIORMENTE COMO SOBREMESA PERO PODE FORMAR PARTE DE MOITOS PRATOS.

PROXECTO: ELABORACIÓN DUN LIBRO DE RECEITAS

   Trátase de que busquemos receitas nas que interveña este froito de outono, a castaña. Podemos preguntar aos nosos familiares e coñecidos, buscar en internet, en enciclopedias, na biblioteca do colexio...

   Cada grupo de clase seleccionará tres receitas que formarán parte dese libro dixital e tamén impreso.

  Data límite para entrega de traballos: Mércores, 18 de novembro.

  E se vos animades a cociñar e compartilo mediante un vídeo, moito mellor.

     ÁNIMO, A POLAS CASTAÑAS E MANS Á MASA!

Distribuir contido

 

Pincha na mascota da Biblioteca e acede ao Blog externo

Radio Sequelo

O Sequelo na prensa

Liga Fútbol Sala

1) Clasificación. *

2) Xornadas. *

3) Equipos. *

4) Noticias. *

* Fai clic enriba de cada categoría e abrirache unha nova fiestra.