blogue deMerchi

3 de decembro: "Inventos que facilitan a vida ás persoas con discapacidade"

Conmemoramos o 3 de decembro o "Día Internacional das Persoas con Discapacidade" investigando un pouco sobre os inventos que facilitan a vida a estas persoas, seguindo co noso PDI "Inventos que cambian o mundo".

Con todos os que atopamos fixemos un gran mural, e aprendimos como todos estes inventos, descubrementos e tecnoloxías fan máis fácil que o día a día destas persoas; e a importancia de seguir investigando para que estas persoas melloren a súa calidade de vida.

Tamén recordamos algunhas das frases que nos deixou na súa entrevista, o pasado 20 de outubro,  a atleta paralímpica Susana Rodríguez Gacio
 

Camiño en Violeta: "Alza a túa voz". 25 Novembro

Este ano conmemoramos o "Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller", alzando as nosas voces para construír un "Camiño en Violeta" cara á Igualdade e á NON Violencia. 

Alzamos as voces, enchendo os corredores coas nosas mensaxes, para non esquecer que o "Camiño en Violeta" témolo que construír día a día.

Programa Xogade. Carreira "Campo a través"

Seguindo co empeño de fomentar hábitos saudables entre o noso alumnado, hoxe participamos na competición "Campo a través", dentro do Programa Xogade.

Ciclomarcha organizada pola ANPA AIDÓN

Este domingo a ANPA AIDÓN organizou unha ciclomarcha, con saída do colexio, á que se uniron outros centros escolares de Marín.

Ademais de fomentar hábitos saudables e o uso da bicicleta, foi tamén unha marcha reivindicativa pola eliminación da violencia contra a muller,  adiantándose á conmemoración do próximo día 25 "Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller".

Así pois todos os participantes non se esqueceron de levar un pano violeta, e disfrutaron dunha xornada soleada, saudable e reivindicativa en bicicleta.

ciclomarcha

 ciclomarcha_2

Resumo do Magosto 2021.

O pasado día 11, coincidindo coa tradicional celebración do San Martiño, celebramos o magosto no colexio. Foi un magosto diferente a outros anos. En lugar de xogos populares realizamos manualidades no patio, cada grupo burbulla no seu espazo. 

A ANPA AIDÓN foron os encargados de asar e repartir as castañas. 

Unha festa diferente, pero igualmente divertida, pasámolo xenial. Deixámosvos este vídeo para recordo.

Se queredes consultar información da man dos protagonistas mirade atentamente o vídeo da entrada anterior "Informativo Especial Magosto 2021".

Esperamos que o próximo curso xa podamos saír todos coa cara emborronada de carbón.

Resumo das actividades Samaín 2021

Deixamos varios vídeos resumo das actividades que se realizaron no colexio en colaboración coa ANPA Aidón e coa ampla participación da comunidade escolar. Moitas grazas por participar, sin a colaboración de todos este tipo de actividades non sería posible.

Botádelle unha ollada.

Están de medooo!!!

 Vídeo 1

 

Vídeo 2

Concurso de "Decoración de cabazas". Samaín 2021

Despois dunha difícil deliberación do xurado as cabazas gañadoras foron: 

  • 1º Categoría: Gabriel Soto Pazos, de 4º 
  • 2ª Categoría: Nicolás Cabada Boullosa, de 2ºA

Parabéns aos gañadores e moitas grazas a todos pola vosa participación, estaban todas estupendas. Fixestes que a elección do xurado fora realmente difícil.

"Concurso de decoración de cabazas". Samaín 2021. CEP Sequelo

Neste taboleiro de "Padlet" podedes poñer as fotografías das vosas cabazas. Recordade que tendes as explicacións ao final da carta de Birlo (na entrada anterior desta web e tamén no blog da biblioteca).

Agardámolas impacientes.

Seguro que as facedes de meeeedo!!!

Hecho con Padlet

Actividades Samaín 2021

Ola! son Birlo, como xa sabedes a mascota da biblioteca, que ando por aquí argallando cousas un ano máis.

Aquí vos deixo esta carta explicando o que o equipo de dinamización da biblioteca, o EDLG (Equipo de Dinamización da Lingua Galega), a ANPA e máis eu temos pensado para facer esta ano  para celebrar un Samaín de medo!!!

Lede a carta atentamente e animádevos  a participar! 

Moitas grazas! Vémonos!

Recompilación da proposta San Miguel 2021 "A danza de espadas"

Este curso empezamos traballando unha das tradicións máis arraigadas no nosa vila a festividade de San Miguel e a danza que se baila nesta data "A danza de espadas".

Foi unha proposta que nun principio partiu da ANPA Aidón, con intención de facelo dun xeito informal, pero que nos veu moi ben para empezar a facer noso o lema elexido para as bibliotecas este curso "A biblioteca escolar ten a palabra", poñendo o foco na palabra e na oralidade.

Así que propuxemos ao noso alumnado que preguntase ao que tiña máis preto, ás fontes orais: avós, pais, amigos, veciños... recollendo toda esta información. 

Recuperamos deste xeito a utilización da biblioteca, como lugar de encontro, despois do parón do curso pasado derivado da situación producida pola COVID, e de restreno tras as obras que se realizaron a fin de curso. 

O noso agradecemento á ANPA pola súa colaboración e implicación no desenvolvemento das actividades.

Deixámosvos a recompilación de como se desenvolveu toda a proposta.

Inicio de curso 2021-2022: horarios e accesos

Estimadas familias, lembrámoslles que o vindeiro xoves día 9 de setembro comeza o novo curso. Dámoslles a benvida e deixamos os horarios de entradas e saídas.

Os grupos de 1º, 3º e 5º cursos entrarán ás 9:00  e sairán ás 14:00.

Os grupos de 2º, 4º e 6º entrarán dez minutos máis tarde, é dicir, ás 9:10 e sairán ás 14:10.

Como excepción, no caso de que dous irmáns teñan horarios distintos poderán entrar os dous de 9:00 a 14:00.

Un saúdo e moito ánimo para este novo curso.

GRUPOS

HORA ENTRADA

ENTRADAS/SAÍDAS

HORA SAÍDA

6º A

9:10

Entrada principal esquerda

14:10

6ºB

9:10

Entrada principal esquerda

14:10

9:00

Entrada principal esquerda (lateral esquerdo)

14:00

9:10

Entrada traseira (lateral dereita)

14:10

9:00

Entrada traseira (Aula de Música)

14:00

2ºB

9:10

Entrada traseira patio das columnas

14:10

2ºA

9:10

Entrada traseira patio das columnas

14:10

9:00

Entrada principal dereita

14:00

Utilización dos servizos de Comedor e Plan Madruga para o curso 2021-2022

Información para as familias que vaian a facer uso do Comedor e/ou Plan Madruga

PLAN MADRUGA

Precisaríamos que o notificasen por correo ou WhatsApp á ANPA: 684 34 06 73

PARA COMEDOR

Este curso é unha modalidade nova que se fará a través dunha App.

Para descargar a App poden visitar a web colechef.com onde vos redirixirán a Google Play ou á App Store (segundo sexan os vosos dispositivo, para poder facelo) ou tamén, a través do código QR incluido na carta, poden descargar a app colechef dun xeito doado e rápido.

Colexio: CEP SEQUELO

Código de centro: ESKRLOHF49

Para máis información poden consultar a carta coas explicación no arquivo adxunto.

"Semana das Letras Galegas 2021"

Deixámosvos esta recompilación das actividades ralizadas na "Semana das Letras Galegas 2021" dedicada a Xela Arias. (Desprazádevos para abaixo na barra lateral dereita para velas todas; clicande no cadrado para velas a pantalla completa.)

Día das Letras Galegas 2021: Xela Arias

Deixamos esta recompilación con información relativa a  Xela Arias, autora á que se lle dedica este ano o Día das Letra Galegas.

Día do Libro 2021: Como cambiou o conto!

Reescribindo os clásicos. 

Este ano para conmemorar o Día do Libro, revisamos os contos clásicos e reescribímolos intentando romper cos estereotipos.

Cada clase ocupouse de reescribir un. Aquí os tedes todos recompilados, animádadevos a lelos e comprobaredes que efectivamente si que cambia o conto.

Taller de ecopercusión

Xa que este ano non podemos ter a clase de música na nosa aula, e as clases de música son dun xeito moi distinto a anos anteriores; os días 16 e 17 de marzo, o alumnado de 5º e 6º participou nun taller de ecopercusión (percusión con materiais de reciclaxe), ao aire libre e con todas as medidas de seguridade a cargo do profesor de percusión Didier Díaz. 

Parece ser que fixeron un pouco de ruído, pero despois dos primeiros compases de ensaio soaban estupendamente e foron a envexa de todo o colexio.

Aquí vos queda unha pequena mostra de como se desenvolveu a actividade.

O banco da Igualdade

Xa temos no colexio o banco que  O Concello nos decorou co lema creado por Antía Cordal García, con motivo do Día Internacional da Muller.

Día Internacional da Muller 2021: Un pouco de historia

Como xa sabedes o 8 de marzo conmemórase o Día Internacional da Muller, para que coñezades un pouco máis sobre a data, deixámosvos dous vídeos explicativos.

O primeiro é unha breve historia de porque o 8 de marzo se conmemora o Día Internacional da Muller; unha data na que se celebran os logros acadados na loita pola igualdade. Tamén é un día reivindicativo polas discriminacións que aínda perduran na sociedade.

O segundo, fálanos dalgunhas mulleres que fixeron historia para que hoxe o movemento feminista cobre máis forza.

 

  

No "Blog da Biblioteca e Dinamización Lingüística" hai dúas entradas con enlaces de interese, por se queredes saber un pouco máis sobre a data. 

  1. Día Internacional da Muller. Un pouco de historia sobre a data
  2. Reflexionamos co poema "Un gato con moito morro" da autora Azucena Arias

Día de Rosalía 2021. Nubes de palabras coas palabras de Rosalía

Para conmemorar este ano o Día de Rosalía o alumnado creou estas nubes de palabras; como veredes uns preferiron crealas de xeito manual dándolle un enfoque máis persoal,  e outros probaron sorte co dixital utilizando diversos xeradores de nubes de palabras. Nos dous formatos quedaron xenial, aquí tendes unha mostra do resultado.

Así é o noso colexio

Xa que se abre o prazo de matrícula para o vindeiro curso 2021-2022, e debido á situción de pandemia en que continuamos, non podemos facer xornadas de portas abertas como sería o noso desexo; deixámosvos unha mostra de como é o noso colexio e o noso traballo.

Esperamos que vos guste e que sexamos a vosa primeira opción.

Distribuir contido

 

Pincha na mascota da Biblioteca e acede ao Blog externo

Radio Sequelo

O Sequelo na prensa

Liga Fútbol Sala

1) Clasificación. *

2) Xornadas. *

3) Equipos. *

4) Noticias. *

* Fai clic enriba de cada categoría e abrirache unha nova fiestra.