Odaiko nas Escolas
Por mor da alerta vermella no litoral de Pontevedra, hoxe martes 22 de xaneiro de 2013, suspendéronse as actividades fóra do recinto escolar ou ao aire libre segundo aconsellaba a Consellería de Educación. A saída que tiñamos prevista para o día de hoxe co alumnado de 5º e 6º de primaria a Pontevedra, trasladouse para o próximo venres 25 de xaneiro de 2013, coas mesmas actividades e horarios programados. Esperemos ter máis sorte co tempo para ese día.
Enviar un comentario novo