SAMAÍN MÁXICO 2018

Enviado por Anónimo o Lun, 05/11/2018 - 09:49

Na Sala Rosalía recreamos un "Bosque Máxico Galego", no que non faltaron as mouras na súa cova, as serpes coas súas lendas, os corvos como paxaros de mal agoiro, os mouchos e as curuxas berrando, o aquelarre coa danza das meigas ao redor do pote, de feitizos, o gato negro cos pelos de punta, arañeiras, as cabazas polo medio,....e o lobishome, facendo trasnadas e meténdose co público, nenos e nenas e coas familias asustando a todo o persoal.

Foi un Samaín impresionante!!!

Grazas ás familias pola vosa colaboración na preparación das cabazas!!!!

 

Se o queres ver en YouTube, preme no seguinte enlace:

https://youtu.be/AvCF5jo4juI

 

       
 
 
 
( categories: )