Curso 2012-13

Grazas Ramón

Alumnado e profesorado do CEP Santa Tegra queremos dar a grazas a Ramón Trigo, “o debuxante”, ese gran ilustrador que, coa súa arte, deixounos as paredes que arrodean o noso colexio tan cheas de cor e de vida. Pero, ademais, porque dun xeito totalmente desinteresado, achegounos unha pequena parte da súa obra ao noso centro.

Unha mañá calquera dun día de outubro, cando se achegaba o tempo de Samaín, sacou un anaco do seu tempo, seguramente un ben escaso e prezado para el, e tróuxonos un conto feito por el mesmo,“El vampiro Félix”.
Trata dunha historia especial cunhas ilustracións magníficas pero o que máis destaca é o seu tamaño, é un libro inmenso. Para moitos de nós o libro máis grande que temos visto, impresionante. As súas xigantescas páxinas contan a historia dun vampiro que se sentía só porque era distinto aos demais. Non lle gustaba o sangue, era vexetariano e gustábanlle os allos. Un día atopou a unha vampira vexetariana e xuntos puxeron un restaurante para vampiros vexetarianos.

Unha bonita trama con final feliz!

Moitas grazas, Ramón, por compartir connosco a túa arte!!

Visitamos "Alcampo"

Que interesante a visita ao hipermercado Alcampo!

 

 Ao chegaren, os nenos e nenas de 1º e 2º curso, fomos recibidos con agarimo pola persoa encargada de amosarnos o centro. Vimos as distintas seccións: téxtil, xoguetes, cousas do fogar, viaxe, alimentación, bebidas... e tamén nos explicou de que estaban feitos os distintos tipos de bolsas. Sabiades que as máis ecolóxicas están feitas con pataca? 


Na peixaría coñecemos moitos peixes e mariscos. O peixe sapo ten como unha "cana de pescar" para atrapar ás súas presas. Chamounos moito a atención a lingua tan grande que tiña a troita, pero o que máis nos sorprendeu foi o peixe espada polo seu enorme tamaño.
Na panadaría amosáronnos como se fai o pan e probámolo. Estaba boísimo, tan fresquiño!
Na carnizaría vimos como se corta a carne, como se envasa e etiqueta.
Por último, merendamos na cafetería un riquísimo croasán de chocolate acompañado dun zume e uns deliciosos caramelos. Por se fora pouco, tamén nos regalaron unha caixiña de pinturas e un pequeno estoxo a cada un de nós.

Así, si que paga a pena ir de excursión, non credes?

Máis fotografías na nosa GALERÍA

Imos sementar

Este curso, os nenos e nenas de 4º estamos participando nun proxecto chamado "Imos sementar" xunto cos maiores do Centro de Día Atalaia.

Nesta actividade ademais de relacionarnos cos maiores e aprender deles algo máis sobre horticultura e alimentación sana, visitaremos a súa horta no Centro de Día Atalaia e faremos dúas plantacións. Unha delas de inverno e outra de verán.

O pasado 9 de outubro comezamos coa plantación de sementes de cebola nas nosas aulas.

Aquí vos deixamos imaxes dese día

Nos seguintes enlaces podedes ver máis fotos da actividade:
 Enlace ao blog do centro de Día  Enlace á galería da nosa web
Distribuir contido