LISTADOS AXUDAS ADQUISICIÓN LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR 2021-22

LISTADOS AXUDAS ADQUISICIÓN LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR 2021-22

 

O xoves 1 de xullo publicáronse os listados provisionais dos admitidos e excluídos nas axudas de Libros de texto e material escolar. Por  motivos de protección de datos as listaxes están expostas no taboleiro de información do centro, as familias interesadas poden chamar ou acudir para ver as listaxes.

O centro estase pondo en contacto coas familias con becas excluídas por se queren presentar reclamación, para o que teñen dous días a partir da publicación ( venres 2 e luns 5 de xullo).

As listaxes definitivas publicaranse a partir do martes 3 de xullo.

AXUDAS MUNICIPAIS DE COMEDOR

AXUDAS MUNICIPAIS DE COMEDOR DO CONCELLO DE VIGO PARA ALUMNADO DE CENTROS DOCENTES PÚBLICOS E PRIVADOS CONCERTADOS DE EDUCACIÓN INFANTIL (2ª ETAPA), EDUCACIÓN PRIMARIA E SECUNDARIA PARA O CURSO 2021-22

O prazo de presentación das solicitudes será do 10 de xuño ao 7  de xullo, ambos os dous incluídos.

As solicitudes das axudas presentaranse no Concello de Vigo mediante cita previa que se poderá solicitar a partires do luns 7 de xuño a través de:

      

      Acceso aos documentos nos ficheiros adxuntos:

 

AXUDAS ADQUISICIÓN LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

 

AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR, ASÍ COMO FONDO DE LIBROS PARA O CURSO 2021-22

O DOG do 20 de maio de 2021 publica a ORDE do 6 de maio de 2021 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2021-22.

AS AXUDAS:

*  Fondo solidario de libros de texto estará accesible para o alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de primaria e en 1º, 2º, 3º e 4º de ESO.

*  Axudas para a adquisición de libros de texto para 1º e 2º de primaria e en Educación Especial.

*  Axudas para a adquisición do material escolar, destinadas ao alumnado matriculado na educación primaria, ESO e Educación Especial.

AS SOLICITUDES presentaranse  ata o 22 de xuño de 2021:

# Por VÍA ELECTRÓNICA nos for­mularios normalizados dispoñibles na aplicación informática Fondolibros  https://www.edu.xunta.es/fondolibros/ a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

# De forma presencial na SECRETARÍA DO CENTRO chamando 886 120 228 para obter cita previa.

Farase unha única solicitude por familia e centro, incluíndo nela todos os fillos que estean escolarizados nel, agás no caso de que a solicitude se tramite por vía electrónica empregando a aplicación “Fondolibros” que será necesaria a presentación dunha solicitude por cada alumno.

 O alumnado que vaia a realizar 1º da ESO deberá informarse no centro onde vaia a cursar estudos o vindeiro curso.

 

 

 

 

 Será REQUISITO FUNDAMENTAL para acceder ao fondo solidario, ou recibir as axudas para libros ou material escolar TER DEVOLTO OS LIBROS do fondo solidario do curso 2020-21.