5º e 6º

VISITA AO CONCELLO

VISITAMOS O CONCELLO

O día 14 de novembro o alumnado de 5º e 6º visitamos o Concello de Vigo. Dous monitores ensináronnos a sala de plenos, o laboratorio, a sala de control de tráfico e a escola de danza e percusión. Pasámolo moi ben!!!

INVESTIGANDO NO LITORAL

A investigación é un dos procesos máis potentes de aprendizaxe. Baséase nunha premisa tan antiga e tan valiosa como o ensaio-erro, un proceso manipulativo, visual, cooperativo e experimental. 

 
Este tipo de procesos son os que deixan reminiscencias ao longo da vida. Estar no litoral e coñecelo é coñecer a nosa praia e todo o que ocorre nesa pequena liña que separa a terra do mar… unha liña de vida. 
 
Por iso esta saída foi tan valiosa. Os pequenos e pequenas puideron tocar, subir e baixar, escribir, anotar, mancharse as mans (e a roupa), pero sobre todo EXPERIMENTAR.
 
Moitas grazas a Eva e Alicia, unha gratitude extensible a toda a ANPA, por argallar e traballar de xeito moi educativo esta saída. 
 

O litoral

      R O T E I R O   P O L O   L I T O R A L   

O alumnado de 5º, guiado por Eva F. Deza, nai dunha alumna do centro, levou a cabo unha saída ata a praia da Punta para estudar o litoral, analizar o seu estado e contribuír a súa limpeza e conservación.

No seguinte vídeo recollemos como foi a actividade.

Acceso as fotografías na nosa GALERÍA DE FOTOS

Distribuir contido