Dinamización Lingüística

A música das árbores

Dende o Servizo de Normalización Lingüística do Concello chegou a actividade: “A música das árbores” para o alumnado de 1º.
     

O mércores 2 de marzo veu ao noso colexio Servando Barreiro, músico e contacontos.

A través da música, con cantigas participativas e tendo o galego como lingua vehicular, falounos das árbores, de como coidar o campo, contounos a historia do rato Federico.... e  moitas cousas máis.

Todo era con música e pasámolo moi ben cantando e movéndonos ao ritmo do seu acordeón.

Día de Rosalia

   

O pasado 24 de febreiro conmemoramos a data de nacemento de Rosalía de Castro.

Como todos os anos recibimos a visita do alumnado do último curso da EEI Monte da Guía.
Nesta ocasión preparámoslles un "rap" cun poema de Rosalía co fin de acercar aos nenos e nenas a poesía nun contexto ameno e máis cercano para eles. Descubrimos que son uns auténticos artistas marcando o ritmo e o compás do rap.

VER O RAP

   

O alumnado do Monte da Guía cantou e representou outro poema desta autora demostrando ademais as súas estupendas dotes interpretativas.

Para finalizar o acto de convivencia, intercambiamos agasallos como recordo deste día e percorremos o que, para moitos deles, será o vindeiro curso o seu novo colexio.

Regueifas 2015

O día 1 do mes de decembro o alumnado de 6º tivemos un obradoiro moi, pero que moi divertido: REGUEIFAS  - unha palabra algo rara-, son coplas inventadas no momento e que se cantan alternando entre dúas ou máis persoas.

 Para traballar sobre as regueifas contamos con dous regueifeiros de excepción: Pinto d’Herbón e Luís Caruncho, dous personaxes moi entrañables.

Eles explicáronnos cal era o ritmo, cal era a orixe e métodos para compoñelas. O Caruncho traía unha zanfona e entre todos fomos cantando coplas para coller o ritmo axeitado.

Por suposto eles os dous non deixaron de inventar e cantar coplas moi graciosas, xogando cos nosos nomes.

Pero nós tamén tivemos que traballar e fixemos as nosas REGUEIFAS, que despois cantamos. Algunhas saíron moi graciosas e aínda que se dicían cousas referidas a cada un de nós non nos enfadamos, era como un xogo.

Que clase de galego tan simpática!!!             Gustaríanos repetila!!!

Grazas Pinto d’Herbón e Luis Caruncho!!!

Máis fotos no enlace á GALERÍA DE FOTOS

Distribuir contido