Día da Paz

Día da Paz 2016

Este ano para conmemorar o Día da Paz, estamos a traballar  diferentes frases de persoas representativas da paz no mundo, 1º Teresa de Calcuta, 2º Mahatma Gandhi, 3º John Lennon, 4º Rigoberta Menchú, 5º Nelson Mandela, Juan Luis Vives e 6º Isaac Newton, Albert Einstein e Isaac Asimov.
Nas nosas clases analizamos co noso alumnado a vida do personaxe que elixiron e algunha frase dita por cada un deles e que consideramos son merecedoras dunha pequena reflexión: 
"A Paz comeza cun sorriso”. Teresa de Calcuta.
"Non hai camiño para a Paz, a Paz é  camiño". Mahatma Gandhi.
"Imaxina toda a xente vivindo a vida en Paz". John Lennon.
"A Paz non é soamente a ausencia da guerra; mentres haxa pobreza, racismo, discriminación e exclusión dificilmente poderemos acadar un mundo de Paz”. Rigoberta Menchú.
"A primeira condición para a Paz é a vontade de acadala". Juan Luis Vives.
“Non basta con falar de paz, un debe crer nela e traballar para conseguila”. Eleanor Roosevelt.
“Se queres facer as paces co teu inimigo tes que traballar con el”. Nelson Mandela.
“Os homes construímos demasiados muros e poucas pontes”. Isaac Newton.
“Cando me  preguntaron sobre algún arma capaz de contrarrestar o poder da bomba atómica, eu suxerín a mellor de todas: A PAZ”. Albert Einstein.
“A violencia é o último recurso do incompetente”. Isaac Asimov.
Por cursos elaboramos ao longo da semana murais para decorar os nosos corredores e portas das clases.  Conxuntamente faremos no patio, o venres 29 de xaneiro,  un recitado destas frases tan significativas así como unha escenificación da cantiga “Unha soa voz” de Macaco. Ademais recitarase o poema "Mundos posibles" logo de formar un quebracabezas como símbolo de que os únicos muros válidos sexan os que amosen mensaxes de PAZ.

     

Enlaces para traballar o Día da Paz:

DÍA DA PAZ

 

Día da PAZ 2015

PAZ para ESTUDAR na ESCOLA

Este ano para conmemorar o Día da Paz, estamos a traballar a historia de Malala Yousafzai, a nena que se enfrentou aos talibáns para estudar e que acadou o premio Nobel da Paz 2014. Sen esquecer que foi un premio compartido con Kailash Satyarthi defensor tamén do dereito de todos os nenos á educación.

por el derecho de todos los niños a la educación".

Ver más en: http://www.20minutos.es/noticia/2262334/0/ganador/nobel-de-la-paz/2014/#xtor=AD-15&xts=467263
por el derecho de todos los niños a la educación".

Ver más en: http://www.20minutos.es/noticia/2262334/0/ganador/nobel-de-la-paz/2014/#xtor=AD-15&xts=467263

Nas clases analizamos co noso alumnado a súa vida e algunhas frases ditas por Malala e que consideramos son merecedoras dunha pequena refexión: 

"Algúns nenos non queren consolas, queren un libro e un bolígrafo para ir ao colexio". Discurso ante o Parlamento Europeo.

"Un neno, un profesor, un libro e unha pluma poden cambiar ao mundo. A educación é a única solución". Discurso ante a Asemblea Xeral da ONU.

"Se se quere rematar a guerra con outra guerra nunca se alcanzará a paz. O diñeiro gastado en tanques, en armas e soldados debe gastarse en libros, lapis, escolas e profesores". Discurso ante o Banco Mundial.

"A voz ten poder, a xente escoita cando falamos; non se trata de combater o terrorismo coa violencia senón coas palabras". Recibimento do Premio Convivencia.

"A educación é un poder para as mulleres, e iso é polo que os terroristas lle teñen medo á educación. Eles non queren que unha muller se eduque porque entón esa muller será máis poderosa". Entrevista en The Daily Show.

Por cursos elaboraremos ao longo da semana murais para decorar os nosos corredores e faremos conxuntamente, no patio, o venres 30 de xaneiro Día da Paz, un recitado destas frases tan significativas.

Atoparemos recursos relacionados co Día da Paz no seguinte enlace: DÍA DA PAZ

DÍA DA PAZ

Visita o blog GALEGUEAMOS para ver as actividades que realizamos este curso con motivo do Día da PAZ

Pincha AQUÍ para acceder a recursos relacionados co DÍA DA PAZ

Distribuir contido