CONVIVENCIA NA CARBALLEIRA

O día 19 de maio os alumnos e alumnas de 6º fomos xogar á carballeira da Guía.

 Alí xuntámonos con nenos e nenas de 1º da ESO do instituto “A Guía” e con nenos e nenas de 6º do colexio “Eduardo Pondal”.

  Todos xuntos disfrutamos de xogos populares organizados polo alumnado de actividades físicas e deportivas do instituto de A Guía.

 Tivemos que facer catro grupos para ir xogando aos distintos xogos populares que había: a petanca, a comba, a carreira de sacos, a porca, o arrincanavos, o peletre, as chapas…

 

 

 

Despois de xogar déronnos un bocata de tortilla, unha botella de auga e un libriño con todos os xogos explicados.

Para despedirnos cantamos unha  canción que se chamaba "O FLU".

 

PASÁMOLO FENOMENAL!!!!