NO ENTROIDO NANA MANDA

Luns 21: SÚPER VOADOR/A
O alumnado poderá traer calquera adorno coma capa ou ás.

Martes 22: SÚPER COLORID@
As alumnas e alumnos alegrarán o cole vestid@s de xeito moi colorido, podendo estender ese colorido ao pelo, faciana, unllas... (e con capa ou ás!!)

Mércores 23: SÚPER DURMIÑÓN/A
Desta volta, toca vir con pixama (a poder ser colorido, opcionalmente tamén o pelo e demais, posto que as instrucións son acumulativas, ademais de capa ou ás).

Xoves 24: SÚPER LIBRE
O alumnado poderá vir disfrazado libremente (desta volta non precisa acumular nada, o disfrace é totalmente libre, sempre que respecte a normativa COVID e non inclúa obxectos violentos).

Venres 25: SÚPER MISTERIOSO
Para o último día da semana, cada nena e neno deseñarán no centro un anteface, e deberán vir de casa coa roupa que se indica a continuación:
1º e 2º: roupa negra
3º e 4º: roupa azul
5º e 6º: roupa branca
Lembrade que a máscara poderá vir decorada pero sempre visible.

Moitas grazas pola vosa colaboración!!

NOVO PROTOCOLO COVID

CAMBIOS NO PROTOCOLO COVID

 

Estimadas familias,

 

Informámosvos de que, desde hoxe, día 14 de xaneiro, entra en vigor o novo protocolo COVID con cambios respecto ao anterior. Destacamos a continuación os aspectos principais a ter en conta:

 

  1. As persoas da comunidade educativa que sexan caso confirmado deberán permanecer 7 días en illamento. Pasado este tempo, e sempre que non tivera síntomas durante cando menos os 3 últimos días, poderá incorporarse ao centro, mantendo unha vixilancia activa(extremando as precaucións)sobre a aparición de posibles síntomas ata completar polo menos 10 días desde o inicio do illamento.

  2. O alumnado con síntomas(febre maior de 37,5ºC, tose seca, dificultade respiratoria, fatiga severa, cansazo, dor muscular, falta de olfacto, falta de gusto, diarrea) non pode asistir ao centro e terá que poñerse en contacto ca/o súa/seu pediatra.

  3. No caso de haber entre 1 e 4 casos positivos na aula, comedor, Plan Madruga... avisarase ao resto do alumnado dese grupo, mediante unha mensaxe a través da aplicación AbalarMóbil, para que extreme as precaucións (reducir interaccións sociais e evitar o contacto con persoas vulnerables) pero non terán que gardar corentena a non ser que se indique o contrario polas autoridades sanitarias.

  4. Se hai 5 ou máis casos positivos de infección activa nun grupo seguiranse as pautas xerais para a determinación das corentenas dos contactos estreitos. Esta corentena será de 7 días desde o inicio de síntomas do último caso confirmado (sempre que non se desenvolvan síntomas durante este período).

  5. No caso do alumnado que conviva cun caso positivo na súa casa seguiranse as instrucións das autoridades sanitarias.

 

 

 

 

1º PROGRAMA RADIO 2021

Iniciamos un novo ciclo de RADIO ESCOLAR co alumnado máis pequeno do cole. Os nenos e nenas de 1ºA foron os locutores e locutoras deste primeiro programa de radio : 
 
 

CONCURSO CURTAS

Os premios das curtas serán outorgados o vindeiro venres día 5 de novembro. 

Moitas grazas a todas as persoas participantes!!

CALENDARIO ESCOLAR curso 2021/2022

Informámosvos que o calendario escolar está pulicado, desde hai días, no apartado de secretaría desta páxina web. Por se tedes dificultades para atopalo, facilitámosvos o enlace: 

http://www.edu.xunta.gal/centros/cepsantamarina/?q=node/943

 

HORARIO DO 1º DÍA DE CLASE, XOVES 9 DE SETEMBRO

 

HORARIO DE ENTRADA:

09.00 h  ------- 6º

09.30 h  ------- 5º

10.00 h  ------- 4º

10.30 h  ------- 3º

11.00 h  ------- 2º

11.30 h  ------- 1º

HORARIO DE SAÍDA:

13.50 h ------- 6º e 5º

13.55 h ------- 4º e 3º

14.00 h ------- 2º e 1º

 *Por protocolo Covid, as familias non poden entrar no recinto escolar para entregar ou recoller ao alumnado.

Powered by Drupal - Design by artinet