ACTIVIDADES EDUCACIÓN FÍSICA.

Ola a todos/as!

Aquí tedes as actividades desta semana.

Actividades para 1º e 2º de Primaria:

Neste novo genially atoparedes:

  • Dous bailes (O baile do corpo e O baile dos ósos).
  • Un traballo de obstáculos.
  • Un traballo con vasos onde deberedes poñer a proba a vosa paciencia e tenacidade.
  • Unha pequena tarefa para presentar.

EDUCACIÓN FÍSICA EN CASA.

 

Actividades de 3º a 6 º de Primaria:

Neste novo genially presentámosvos un “ Breakout”. É un xogo derivado do Escape  Room. 

Nun  breakout, a diferenza do escape  room, non hai que saír dunha habitación , senón que o obxectivo consiste en abrir unha caixa pechada con diferentes tipos de cadeados. 

Esta semana teredes que abrir unha caixa forte para coñecer a tarefa que tedes que presentar.

Teredes que realizar unha serie de probas para conseguir os códigos  e poder abrir a caixa forte.

BREAKOUT DE EDUCACIÓN FÍSICA.

 

  Un saúdo, os profes de EF.