MÓVETE CONNOSCO. EDUCACIÓN FÍSICA.

A Dirección xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pon en marcha a iniciativa “Móvete connosco na casa”. Unha programación semanal relacionada coa actividade física e as técnicas de relaxación para axudar aos escolares de Educación Primaria a manter a calma e seguir protexendo a saúde durante o tempo de confinamento.

Os vídeos constan dunha serie de actividades físicas cunha duración de 15 minutos aproximadamente, deseñadas para ser desenvoltas na casa, sen apenas material específico e dunha maneira sinxela, divertida e significativa.

Esta semana propoñémosvos para todos os niveis de Primaria (1º a 6º) un panel de Genially "MÓVETE CONNOSCO" onde atoparedes tres vídeos deste programa.

Deberedes entregar unha pequena tarefa que atoparedes no recurso que vos presentamos.

MÓVETE CONNOSCO.

 

Un saúdo, os profes de EF.