Skip to Content

Febreiro 2021

A muller na Ciencia. Irene Villar Rúa: unha científica muradana

24 de FEBREIRO. DÍA DE ROSALÍA

 Desde a Asociación de Escritores/as en Lingua Galega (AELG), este ano escolleuse o lema #TeusDocesCantares.

24 DE FEBREIRO. DÍA DE ROSALÍA.

 

Para conmemorar o nacemento da nosa autora máis querida, no CEIP Ramón de Artaza, levamos a cabo distintas actividades. Algunhas destas actividades serán deseñadas polos titores/as e faranse a nivel de aula, coma o recitado de poemas ou cancións; outras faranse por todo o alumnado do centro como as que propón o noso Equipo de Dinamización da Língua Galega.

CLICA NA IMAXE PARA ACCEDER AOS RECURSOS

 

 

 

 

 

.

 

NON MÁIS MATILDAS

Logo do Día da Nena e a Muller na Ciencia queremos compartir con vós esta iniciativa que pretende dar visibilidade ás mulleres nun sector tradicionalmente masculino pero, as cousas están cambiando...

NON MÁIS MATILDAS



 

 A MULLER NA CIENCIA

 

A bioquímica húngara Katalin Karikó pasou 40 anos traballando e desenvolvendo avances claves para as vacinas de Moderna y BioNTech

No seguinte enlace poderás ver un video sobre ELA. Detrás do seu traballo están as vacinas de Pfizer e Moderna.

Un grandísimo referente de MULLER NA CIENCIA.

 

 

 

 

CONCURSO DE MURGAS 2021

Un anos máis levamos a cabo o noso tradicional concurso de murgas de entroido. Este curso, ao igual que o festival de Nadal, tivo que levarse a cabo de xeito virtual.

O xurado, logo dunha sesuda deliberación, resolveu entregar os premios de cada categoría aos seguintes grupos:

INFANTIL: AULA DE 5 ANOS.

1º CICLO: AULAS DE 1º

2º CICLO: 4ºB

3º CICLO: 5ºB

NORABOA A TODOS/AS   E   FELIZ ENTROIDO!!!

MANDADO DO FACUNDO

XOVES 11 DE FEBREIRO

XA QUE NUN ALBERGUE TES QUE DURMIR

PON O PIXAMA QUE ÁS 6 HAS DE PARTIR.

CAMIÑO DO ENTROIDO

CAMIÑO DE ENTROIDO

No noso cole estamos de Entroido por iso, imos facer o "Camiño do Artaza" coma auténticos peregrinos. Para conseguir a "Compostela" habemos de superar as probas das seguintes ETAPAS:

* PREGUNTOIRO XACOBEO NA BIBLIOTECA. O polbo Ramón fíxonos chegar unhas preguntas sobre o camiño de Santiago. As respostas a estas preguntas están nos libros de consulta da nosa biblio e, para atopalas, deberemos empregar as nosas competencias de usuarios/as da biblio. Contestando correctamente a estas preguntas conseguiremos o selo da primeira etapa.

* EXERCICIOS DO CAMIÑO. Como bo peregrino/a debemos estar en forma. Para acadar o segundo selo deberemos pasar unha probas na clase de E.Física.

* MURGA XUBILEA. Temos que compoñer, interpretar e gravar unha murga segundo as bases do concurso que nesta entrada se achegan. Con esta terceira proba completaremos o camiño.

Ademais cumpriremos os simpáticos mandados do Facundo. O venres 12, toca disfrazarnos de peregrinos/as e visualizar as murgas de todas as clases. Disfrutaremos tamén da tradicional chocolatada que nos agasalla a ANPA cada ano.

Como podedes ver:   "Nin borrascas, nin pandemia,

                       ninguén poderá impedir

                       que aquí no Ramón de Artaza

                         nos podamos divertir"

 

 

                    

MANDADIÑO MÉRCORES 10

CUN ZAPATO COLGADO DA MOCHILA

AXIÑA CHEGARÁS Á SEGUINTE VILA.

ENTROIDO CURSO 2020/2021

ENTROIDO 2021

Quedarnos sen Entroido

non o imos consentir

de un xeito diferente

ímonos divertir.

 

Os mandados do Facundo

comezan este luns  oito

debuxar unha estreliña

e xa ves que non é moito.

 

LUNS 8 DE FEBREIRO

PARA CHEGAR A COMPOSTELA

NA TESTA PINTA UNHA ESTRELA.

 

MARTES 9 DE FEBREIRO

O CAMIÑO XA NON VES,

PON O XERSEI DO REVÉS.

 

 

 

 

     

 

 

 

 



by Dr. Radut