Skip to Content

Outubro 2017

Estamos na prensa

O CEIP Ramón de Artaza de Muros vive unha semana terrorífica.

Historias de medo + beberaxe

Na mañá de hoxe a rapazada de 5° e 6° de EP contounos unhas historias de medo e cando remataron tomamos beberaxe que espanta as bruxas.

40º aniversario do Museo do Pobo Galego

O 29 de outubro de 1977 o antigo convento de San Domingos de Bonaval, titularidade do Concello de Santiago en virtude da desamortización de 1835 abría tres das súas salas como primeiro xermolo do Museo do Pobo Galego, que vellos e mozos galeguistas impulsaban dende un ano antes coa intención de facer revivir o proxecto museográfico ao que aspirara o antigo Seminario de Estudos Galegos. Este sábado Bonaval vestiuse de festa para celebrar que, corenta anos despois, o Museo segue adiante mantendo intacto o seu modelo independente de preservación da cultura e a identidade galega. Non esquezades visitalo.

 

No marco das actividades do cadraxésimo aniversario o Museo do Pobo Galego organiza, ata o 3 de novembro, xornadas especiais de portas abertas con aceso libre das 11 da mañá ás oito da tarde nas que as persoas que o desexen poden ser acompañadas por persoal e membros do padroado. Ademais dos eventos organizados no propio recinto o programa do aniversario inclúe tamén acordos con outras entidades como a Asociación PuntoGal, que ofrece unha promoción especial na adquisición do dominio galego en internet.

 

Guillermo Tell, en Santiago de Compostela

 

Martes 31 de outubro de 2017: 10:00 e 12:00 horas. Os do 2° Ciclo de EP vamos o Auditorio de Galia ver:

Unha frecha, unha mazá, unha criatura, a aventura dun valente ballestero… son as imaxes máis próximas que os pequenos asocian coa figura de Guillermo Tell. A partir da adaptación e redución realizada pola Compañía de Comediants A Baldufa, poderán descubrir a lenda deste heroe medieval protagonista dunha ópera escrita por Gioacchino Rossini. Guillermo Tell é unha produción do Gran Teatro do Liceo. Entra no siguinte enlace para ver un pequeno fragmento.

https://m.youtube.com/watch?v=LZXpotJGK6M

 

 Resultado de imagen de guillermo tell santiago de compostela

A NOITE DO MEIGAGALLO

A NOITE DO MEIGALLO

 

Xogo de mesa de Brazolinda xogos de estrutura semellante á oca ou o parchís, con dados e peóns que avanzan en función do número, pero con moitos máis ingredientes (o principal son as adiviñas que cómpre ir resolvendo na maioría das casiñas). Ademais, cada vez que se xunten tres ingredientes para a apócema, hai que facer un conxuro rimado seguindo unhas instrucións.

 

Ensalada de Contos

A ensalada de contos é unha técnica proposta por G. Rodari que consiste en inventar unha historia mezclando distintos contos infantiles, introducindo obxectos, personaxes e lugares coñecidos. Por exemplo, Que pasaría si Garabanciño se encontara no monte co lobo? Dende  o equipo de Biblioteca vos propoñemos que vaiades à biblioteca do cole coa rapazada e elixades/ elixan os libros infantiles que queiras/queiran para crear a súa historia. Vós familia tamen o podedes facer na casa.

Unha ducia de curtas para ver a norte de Samaín

Aínda que cada vez hai máis lugares onde se celebra o Samaín e máis festas ás que poder asistir, poucas cousas hai tan pracenteiras como unha noite de SMeP, a saber, Sofá, Manta e Peli. Se este ano tedes pensado pasar o Samaín na casa, propóñovos unha ducia de curtametraxes (case todas de animación) para gozar dunha terrorífica noite en familia. Vós poñedes os flocos de millo (ou, mellor, os Drakis) e eu encárgome do cine.

 

Frankenweenie (1984)

Vincent (1982)

A lenda do espantallo (2005)

Alma (2009)

Nut

Teddy’s nightmare (2007)

A dama e a morte (2009)

Granny O’Grimm’s Sleeping Beauty (200

Hasta los huesos (2001)

Calaverita (2005)

This way up (2008)

Violeta, a pescadora do mar negro (2006)

 

 

Respostas sobre o Samaín

 

 

Samaín, Defuntos, 'Halloween' ou Todos os Santos. Celebracións todas arredor dos dous primeiros días de novembro, cunha mesma orixe e ben antiga. Desde hai anos, en Galicia triunfa o Samaín, unha denominación novidosa para recuper a vella tradición de apañar e tallar cabazas, alumealas con candeas e colocalas nas corredorias ou nas casas. Halloween, Samaín, Defuntos ou Todos os Santos. Son todas celebracións arredor dos dous primeiros días de novembro e que veñen de moi lonxe. A súa orixe, ben sexa na súa versión máis profana ou cristianizada, está nas culturas indoeuropeas que celebraban o inicio dun novo ciclo agrícola, dun novo ano e da fin do verán. A crenza de que os espíritos dos mortos andaban eses días entre os vivos é da que se derivan moitos ritos que, en moitos casos, mantivéronse ata a actualidade máis ou menos modernizados e adapatados pola Igrexa, tal e como explica neste artigo a RAG. Como con todo, hai polémica. 

A festa de orixe indoeuropea foi cambiando, mesturándose con outras culturas e tradicións e adaptada pola Igrexa para venerar así todos os santos e os defuntos. Os costumes iniciais perdéronse en boa parte de Europa pero mantivéronse en moitos países do espazo celta ou atlántico, especialmente en Irlanda. A emigración de milleiros e milleiros de irlandeses a Norteamérica durante o século XIX provocou que aquela festa se espallase polos EUA e Canadá coa denominación de Halloween, derivada da expresión escocesa All Hallows’ Eve (véspera de Todos os Santos). O vello costume de baleirar nabos en Irlanda (e posteriormente cabazas) para poñerlles dentro candeas e escorrentar os espíritos trasladouse aos Estados Unidos, que co paso do tempo engadiu os disfraces como outro elemento máis contemporáneo e propio. 

Samhain. É a orixe de todo. A festividade de orixe celta máis importante no período pagán de Europa ata que foi convertida e adaptada polo cristianismo. Celebrábase a fin da temporada de colleitas, o Ano Novo celta e a chegada do inverno e da estación escura. A palabra é gaélica é significa fin do verán. Os celtas dividían o ano en dúas metades: a parte da luz, que comezaba con Beltaine e a parte da escuridade, que comezaba con Samhain. O termo Samaín foi a adaptación ao galego da palabra irlandesa.

Foi Rafael López Loureiro, mestre de escola de Cedeira, o responsable de redescubrir a tradición da talla de cabazas por Defuntos e comprobar que existía por todo o país ata hai menos de trinta anos. Foi cando a filla chegou de clase cun melón tallado por unha "festa de Halloween" cando decidiu impulsar "unha tradición que aprendera de neno". "Eu facía iso mesmo trinta anos antes cos meus amigos e aprendéranolo miña bisavoa; non tiña sentido que agora se aprendese a través do Halloween", lembra nesta entrevista da TVG. Investigou, escribiu un libro (Samaín, a festa das caliveras) e descubriu como moitas noutras comarcas a tradición era a mesma ou moi semellante. E impulsou unha festa en Cedeira que se foi espallando por todo o país. "O Samaín naceu para que non aparecesen bruxas nin disfraces, algo que non é tradicional", explica. Non o conseguiu de todo.  Máis información en www.praza.gal

 

 

SAMAÍN 2017

Dia do libro 2017

 

Coma en anos anteriores, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria edita, co gallo do Día Mundial do Libro, un pequeno marcapáxinas cun texto orixinal dun autor ou autora galega. Nesta ocasión é Rosalía Fernández Rial a poeta que agasalla co seu texto sobre o libro e a lectura ás Bibliotecas Escolares de Galicia.

Rosalía lévanos co libro ao mundo da palabra, da música, da maxia, do imprescindible aire para respirar. 

 

 

     

 

 

 

 



by Dr. Radut