ARCO: Pasapalabra

A: Insecto que vive organizado socialmente en comunidades, ben en estado natural ou ben en colmeas feitas polo home, e que produce mel e cera.

- B: Sucesión regulada de pasos ou saltos especialmente ao ritmo dunha música.

- C: Cría dun mamífero.

- D: Nun lugar inferior, tanto se se atopa en contacto coma se non.

- E: Excluír [alguén ou algo] dun grupo, nun proceso de selección.

- F: Establecemento onde se preparan e venden medicamentos.

G: Pór [algo] a salvo ou no sitio correspondente.

- H: Polígono de seis lados e seis ángulos.

I: Reproducir ou tratar de reproducir a maneira de ser ou de actuar de alguén.

- J: Persoa que practica o judo.

K: Entretemento de orixe xaponesa, que consiste en interpretar unha canción sobre un fondo musical gravado, mentres se vai lendo a letra nunha pantalla de vídeo.

L: Alimento doce que sabe moi ben.

M: Acción de asar as castañas, que en moitas ocasións se converte nun acontecemento festivo.

- N: Non aceptar que [unha cousa] sexa verdade ou que exista.

- O: Sentido corporal polo que se perciben e distinguen os olores.

- P: Dar [unha cantidade de diñeiro ou outra cousa] a cambio de algo.

- Q: Pequena construción instalada ao aire libre para a venda de periódicos, caramelos etc.

- R: Acción propia de rapaces.

- S: Comer ou beber [algo] lentamente e con atención, tratando de percibir e de apreciar plenamente o seu sabor.

T: Calquera tipo de traballo ou labor que se fai ou se debe facer.

- U: Destinado indiferentemente aos homes e ás mulleres.

- V: Insecto formado por aneis que emite luz na escuridade.

X: Primeiro mes do ano, que ten trinta e un días.

- Z: Tenda onde se venden zapatos.

Respostas:

-       Abella

-       Baile

-       Cachorro

-       Debaixo

-       Eliminar

-       Farmacia

-       Gardar

-       Hexágono

-       Imitar

-       Judoka

-       Karaoke

-       Lambonada ou lambiscada

-       Magosto

-       Negar

-       Olfacto

-       Pagar

-       Quiosco

-       Rapazada

-       Saborear

-       Tarefa

-       Unisex

-       Vagalume

-       Xaneiro

-       Zapataría

Orientación: Serenidade

* Que cores hai? Que transmiten?

* Hai varios tonos de azuis? Cales? Pintarías as paredes do teu cuarto con algunha cor da ilustración?

* Que elementos da natureza son azuis? Gústache miralos? Que che transmiten?

* Algún deses elementros produce son? Como é ese son?

* Que forma dibuxan os dous peixes? Poderías dibuxala nun papel esquematicamente? É unha forma dura e agresiva ou suave? Podes dibuxala dun so trazo?

* Cres que os peixes floran sen esforzo ou teñen que empregar enerxía para nadar?

* Por que cres que teñen os ollos pechados?

* O movemento que realizan é armónico ou desordeado?

* Que tipo de música cres que cadraría co debuxo? Que che fai sentir a ilustración? Algunha vez sentícheste así? en que ocasión?

O Emocionario di da Serenidade:

"A serenidade é unha sensación de calma e armonía. Nace no más profundo do teu ser e exténdese ata chegar a os teus ollos.

Unha persoa serena é tranquila, apacible, e ademáis, pide as cousas con amabilidade e dulzura.

A serenidade ilumina a mente?

Sí, faino a través dos ollos, otorgándolle unha visión especial. Un superpoder, co que podes ver máis claro o que sucede e o que sucedeu. Por iso, por exemplo, pasaseche o enfado ao ver qu algo non tiña realmente importancia.

Curiosamente, a serenidade podese exercitar como se fose un músculo, E entrenala axuda a aumnetar a nosa FELICIDADE."

Ficha para traballala:

https://www.palabrasaladas.com/di_lo_que_sientes/fichas/ficha_emocionario_08_serenidad.pdf 

 

Animádevos a compartir as vosas experiencias

orientacioncaselles@gmail.com

¡Gracias!

 

PT: Táboa do 4 , xogos de vocabulario e resolución de problemas

* Xogo da táboa do 4 de mundo primaria.

* Xogos de vocabulario  2º de primaria de mundo primaria.

* Xogo de vocabulario de 5º de primaria de mundo primaria.

* Xogos de vocabulario para todos los cursos de mundo primaria.

* Resolución de problemas para todos los cursos de mundo primaria.

Orientación: Alivio

 * Por que o sapo vai agarrado a un globo?

* Cara onde dirixe a mirada?

* Que cres que pretendía o cocodrilo?  Conseguiuno?

* Cres que o sapo sentiu medo nalgún  momento? Cres que agora o sinte?

* E o Cocodrilo? Como se sinte?

O Emocionario dí:

"Experimentamos alivio cando nos libramos dun peso, cando deixamos de percibir unha amenaza ou cando nos disculpamos. Por exemplo, sentirás alivio ao rematar un exame, ao ver que un peligro se alonxa ou ao recoñecer un erro.

O Alivio significa que unha sensación ou situación desagradable terminou.

Como chega o alivio?

Soe vir acompañado de relaxación. Aliviadas as dificultades, reaparece a paz, sentimonos tranquilos. É o camiño cara a SERENIDADE"

Ficha de actividades do ALIVIO:

https://www.palabrasaladas.com/di_lo_que_sientes/fichas/ficha_emocionario_07_alivio.pdf 

Animádevos a compartir as vosas as experiencias

orientacioncaselles@gmail.com

¡Gracias!

Arco: Divisións, percepción visual e intelixencia emocional.

Bos días! Hoxe tráiovos un xogo co que repasaredes de forma moi divertida as divisións. A medida que as resolvades correctamente, iredes evolucionando ao voso Pokémon e pasando de nivel, ¿Estades preparados?

https://view.genial.ly/5e466da6c697191f0bd6dd4d/interactive-content-pokemon

A continuación, déixovos uns exercicios de percepción visual. Para resolver este exercicio, debedes atopar as imaxes correspondentes aos mesmos modelos. Pode moita atención, pois de cada vez é máis difícil!

 

Para rematar, propóñovos crear a nosa cápsula do tempo. Estou segura de que nunca esqueceremos todas estas semanas na casa sen poder ir ao cole, pero seguro que dentro duns anos, cando sexades maiores, vos gustará saber como vos sentiades a día de hoxe. Só tedes que buscar unha caixa que non usedes, e xa podemos empezar a preparar a nosa cápsula do tempo.

 

En primeiro lugar, podedes debuxar unha portada, pondo o ano e mes no que nos atopamos, o termo médico do Coronavirus (que como xa sabedes é Covid-19), o voso nome… e todo o que vos consideredes oportuno!

2020

COVID-19

 

A miña cápsula do tempo

 

Collede una folla e escribide sobre vós, cubrindo datos como:

ü  Teño________anos

ü  Mido________centímetros

ü  A miña cor favorita é_________

ü  O meu animal favorito é___________

ü  A miña comida preferida é__________

ü  A miña canción favorita__________

ü  Cando medre quero ser__________

A esta lista podedes engadir todo o que se vos ocurra.

¿Xa tedes cuberta esta lista con cousas básicas sobre vós? Agora podemos cubrir outra falando de como vos sentides, para iso podedes responder ás seguintes preguntas:

·      ¿Como te sentes? Contenta ou contento, triste, asustado ou asustada…

·      ¿Por que te sentes así?

·      ¿Que estás aprendendo desta experiencia?

·      ¿Que é o primeiro que vas facer cando isto remate?

A esta cápsula, tamén podes engadir datos do teu barrio. Debuxando a túa casa, escribindo sobre que estás a facer para dar ánimos aos teus veciños… Así como escribir sobre todo iso que estás facendo para manterte ocupado na casa.

Recordade que é a vosa cápsula, polo que podedes meter todo o que desexedes ou consideredes importante. Algunhas ideas máis son:

¨Fotos feitas durante o confinamento

¨Unha obra de arte feita por vós

¨Un diario dos teus días

¨Recoller as pegadas dos membros da túa familia (incluídas as mascotas)

¨Recoller momentos especiais vividos neste confinamento (como aniversarios)

¨Pedir aos vosos pais que escriban unha carta sobre o ben que o estades facendo

 

Non esquezades que estades facendo historia, portándovos coma uns campións, por iso merece a pena recordalo para sempre. Decorade a vosa cápsula, e gardádea moi ben!

Iniciar sesión

CRON