Skip to Content

Comptencia lingüística

EXPOSICIÓN MAQUETAS DO RELEVO

O alumnado de 4º curso estivo a traballar nunhas interesantes maquetas acerca do relevo. Ao rematalas expuxéronas ao alumnado de 2º, ao que lle encantou o traballo. Ben feito, nenos e nenas!

 

MANUELA CONTACONTOS: LETRAS GALEGAS

Manuela Contacontos veu dende Coruña para facer unha sesión chea de poesía acerca da  homenaxeada neste ano nas Letras Galegas, Luisa Villalta.  Aprendemos acerca do seu mundo ,do ecoloxismo, do feminismo , dela, das súas vivencias e aficcións....Sabedes que era mestra e tamén violinista....e moi , moi especial?

 

 

 

FACENDO OS MAIOS NO CEIP DA CRUZ

Os maios son sinal de alegría...adornaron sempre a nosa terra. Poderiamos dicir que cos maios damos o definitivo portazo ao inverno para festexar a primavera....Todos xuntos, traballando en equipo e enchéndoo todo de cor. Por toda a xeografía galega festéxase o primeiro de maio........Elabóranse uns " maios" que son esculturas naturais feitas con fiuncho, flores, margaridas, casca de ovos, de laranxas..etc

Nós no cole, non  quixemos perder a tradición e coa axuda das nosas marabillosas familias, creamos un bonito momento de recordo para todos nós. Encantounos esta celebración.....A máis florida do ano! Grazas familias!

O RAP DE SEXTO. CONTRA O BULLYING

O  2 de abril é o día contra o Bullying. Os rapaces e rapazas de sexto curso, xunto cos de quinto , quixeron dar unha nota marchosa para falarnos do que non debe acontecer nas nosas aulas. Non queremos acosadores nen acosados, se hai algún problema, hai que falalo de contado.

 

APADRIÑAMENTOS LECTORES. SEMANA DO LIBRO.

Presentámosvos a actividade máis fermosa do noso pequeno e familiar colexio: a dos apadriñamentos e amadriñamentos lectores. Uns momentos máxicos en que cada maior lle le contos a un pequeno, e como agasallo o pequeno regálalle un debuxiño ao seu lector.

As imaxes falan soas acerca da maxia deste momento. Hai que soñar desperto ás veces e si é acompañado moitísimo mellor. Ogallá estes nenos sigan polo camiño da lectura que abre mentes e conquista novos mundos.....

Feliz Semana do Libro!

A ESCRITORA IRIA MISA, NO CEIP DA CRUZ.

Iria Misa é unha coñecida e querida  escritora da nosa contorna que ten publicado libros xuvenís como : " Mamá , quero ser coma Ziggy Stardust" " Xa non estou aquí", " A cidade do átomo", xunto co que estiveron lendo os cursos de 3º e 4º ," Unha veciña de película".

Pero non veu soa, senón acompañada da súa nai, María José, que foi mestra da nosa escola durante moitos anos, e á que os nenos teñen un agarimo especial por ser pioneira  das tecnoloxías no centro e cos nenos e nenas.

Canto nos gustou volver a ver a M José, E tamén nos encantou as vivencias que compartiu esta xenial escritora. Moitas grazas por vir ao noso pequeno cole! Encantounos falar contigo!

CINEMA CON PERSPECTIVA

Os nenos e nenas de quinto e sexto asistiron unha charla denominada "Cinema en Perspectiva". A través de seis curtametraxes aprenderon a analizar o cine dende o punto de vista da igualdade de xénero. Unha actividade que lles gustou moito e que forma parte do proxecto de centro "O cine".

DOBLADOR DE CINE NO COLE:DAMIÁN ALONSO

Tivemos unha visita moi especial no colexio: o famoso doblador de películas, Damián Alonso.  Moitas das películas que vemos habitualmente están dobradas por él. Ademáis, non só nos fixo un percorrido polo mundo das dobraxes senón que tamén grabounos e ensinounos moitas técnicas do séptimo arte. Ser actor de dobraxes non é nada doado, pero si moi divertido ,como todos aprendemos. Grazas Damián pola túa visita. Encantounos aprender de ti!

 

PREMIOS PREGUNTOIRO 2024

As nosas chicas do Equipo Preguntoiro organizaron a entrega de Premios Camosiña 2024 aos gañadores do concurso máis molón do ano. A participación , valorada nun 90% foi máxima. O esforzo dos nenos e nenas foi moi bo. Houbo mencións especiais e moitos doces agasallos para estes concursantes tan aplicados. Durante nove semanas fixéronse preguntas semanais nas que o alumnado debía respostar e que logo este Equipo de Nenas correxiu nos recreos dos xoves. MOito traballo de fondo para o obxectivo máis simple: a aprendizaxe dos concursantes acerca dos temas do Cinema na historia, que é a temática do Proxecto do cole.

21 MARZO: DÍA DA POESÍA

Co gallo do Dia da Poesía , 21 de Marzo, dende o Equipo de Biblioteca organizouse unha marabillosa actividade: Búsqueda de Poesía e ovos de chocolate por todo o exterior do centro.

Organizouse de modo que cada maior levaba un máis pequeno de paseo polo exterior do cole a buscar a poesía que previamente os nenos e nenas de terceiro tiñan escondido. ESes poemas logo encherán os distintos espazos do centro de modo que estemos rodeados de poesía!

Nin que dicir que esta actividade fixo as delicias de todo o alumnado , que se quedou con moi bo sabor de boca......sabor a chocolate!!!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut