Skip to Content

Actividades na horta

ACTIVIDADE NA HORTA ABRIL

 De novo tivemos a visita de Diana ao  cole.....Hoxe aprendemos as propiedades da Herba Luisa, valeriana, a lavanda o perixel e entre outras que xa plantamos, tamén incluídas as lufas.

Encántanos todo o que sabe Diana sobre as cousas do horto, ...Que os cultivos deben ser rotatorios, que hai plantacións que deixan nutrientes para os que veñen despois....e moitas cousas máis. Grazas Diana por compartir a túa sabeduría!

HORTO ESCOLAR DE PRIMAVERA

Pronto chega a primavera. Temos que preparar o noso horto para a chegada desta especial estación. Diana veu ao cole con múltiples actividades para irlle facendo camiño ao noso hortiño escolar. Cos maiores, os de 6º prepararon APICHI. Sabedes que é? Pois unha mestura de allo , pementa, chile e alcohol para preservalo. Axuda a afastar os insectos das nosas hortas, como o caracol , a babosa ou o pulgón. Tamén preparamos sementes de xirasois, para logo transplantar ao noso horto . Outras clases prepararon plantas aromáticas, ou tamén as estructuras, outros amorodos......Hai moito que facer nun horto escolar tan especial coma o noso. A que si?

COMEZAMOS CO HORTO ESCOLAR

Por fín chegaron Diana e Raquel, para dar o pistoletazo de saída ás actividades da horta escolar. Limpamos as herbas, e preparamos o noso horto para cultilvar moitos froitos. Encántannos estas actividades ao aire libre! Grazas RAquel e Diana!

HORTO ESCOLAR: DERRADEIRA SESIÓN

Hoxe visitáronnos por última vez no que queda de curso Diana e Raquel, de Somos Terra. Cantas cousas nos explican! Canto saben da natureza, da horta, dos cultivos,.....grazas a elas temos un horto cheo de vida no ceip da cruz! Neste día, coma sempre, aprendemos un montón: probsmos leitugas, cheiramos follas aromáticas, fixámonos nos bechiños que son tan importantes para que o ciclo da vida funcione, incluso vimos un niño na árbore do cole! Grazas Diana e Raquel por tanto que nos trasmitides!  Ata o próximo curso!

 

 

ACTIVIDADES NA HORTA: ABRIL

Non sabiamos todo o  que se pode aprender dun horto escolar ata que chegaron Raquel e Diana a ensinarnos miles de cousas acerca do mesmo. 

Durante esta mañá todos os nenos do cole , por turnos, fomos pasando polo horto escolar , limpalo, recoller as fabas que xa creceran, e facer as seguintes plantacións........Un traballo doado co que disfrutamos a tope!

HORTO ESCOLAR NO FINAL DE MARZO

Con Diana e Raquel seguimos a traballar no horto en divertidas sesións matutinas nas que aprendemos un montón sobre natureza, animais e froitos. ESta vez fixemos múltiples actividades como identificar os pulgóns que despois as xoaniñas comerán, ver como creceron as nosas plantas, degustar como saben algunhas folliñas e tamén plantamos leituguiñas que crecerán bonitas e a finais de curso levaremos para casa. GRazas Diana, encantanos todo o que nos ensinas!

 

MARZO NO HORTO ESCOLAR

Chegou marzo ao noso horto escolar. Viñeron Diana e Raquel a axudarnos na limpeza e plantación de xirasois, facer sementeiros de pementno, amorodos, apichi.........Temos un horto estupendo e unhas monitoras que son xeniais. Canto aprendemos con elas. Moitas grazas por todo!

VISITA AO VIVEIRO

Que ganas tiñamos de voltar ao noso viveiro! E que ben o pasamos parnedendo, tocando e vivindo experiencias. Grazas a Lola e a Laura que nos ensinan a importancia de preservar as nosas especies do mellor modo posible: plantando futuros castiñeiros que ademáis nos levamos de volta ao cole esperando velos brotar. Por suposto, paroveitamos para limpar o entorno dos nosos piñeiros poñendo en valor o coidado do medio.

    

HORTO ESCOLAR, DECEMBRO.

Diana e Raquel seguen a traballar connosco no noso pequeno horto escolar. Por cursos imos preparando a terra para sementar, traballando tamén o composteiro e aprendendo un montón de cousas sobre os factores importantes no coidado da nosa horta. Aqui vos presentamos o traballo de decembro.

HORTO ESCOLAR. COMEZAMOS!

Soa a campá! Ring! Comezamos a tempada do coidado do noso horto escolar. É certo que é pequeniño, pero tamén moi xeitosiño.  Facemos sementeira de rúcula e chícharos e tamén plantación de leitugas e folres. Facemos un banco de sementes de tomate e pemento. Gracias a Diana e a Raquel por ensinarnos tantas cousas sobre a horta. Sabedes un montón! Estes momentos coas mans na terra ou na herba son inesquecibles. Encántanos!

Distribuir contido


by Dr. Radut