Skip to Content

Especialidades

Celta Zorka Recalvi

Hoxe o clube de baloncesto feminino Celta Zorka Recalvi, que xoga na liga feminina Endesa, visitou ao noso alumnado de 4º e 5º de Ed. Primaria. Ao centro acudiron a adestradora (Cristina Cantero) e mailas xogadoras Murjanatu L. Musa Maimouna Haidara. Aproveitaron para xogar con eles un pouco e achegarlles o gusto polo deporte e ademáis agasalláronnos cun sorteo de camisetas e entradas para esta fin de semana.

 

Quiñones de León

No día de hoxe, o alumnado de 5º visitou o pazo Quiñones de León onde o profesorado da Escola de Música Municipal de Vigo nos deleitou con unha ruta guiada cargada de historia e música de diferentes estilos. 

O salón coa súa escaleira de estilo inglés, a cociña de diario, a biblioteca e o gran comedor foron algúns dos espazos onde sonaron pezas clásicas de Beethoven e  Schubert, ou outras máis modernas como o o Inspector Gadget ou a Familia Adams.

Como remate da visita houbo un pequeno paseo polos xardíns do pazo.

Escola Municipal De Música De Vigo | Esmuvigo | Vigo

Coro IES Álvaro Cunqueiro

O día 21 de marzo, un coro formado polo alumnado de 3º da ESO do IES Álvaro Cunqueiro tivo a ben compartir connosco unha boa variedade de pezas musicais das que gozou o alumnado de segundo e terceiro ciclo. Música de películas, africana, Jazz, tradicional galega... Toda unha demostración de traballo e implicación levada a cabo nos seus ratos libres.

 

Moitas grazas compañeiras e compañeiros.

Distribuir contido


Tfno: 986 29 80 58 - Fax: 986 24 42 49

Rúa O Porriño s/n - 36209, Vigo - Pontevedra

by Dr. Radut