Skip to Content

Samaín

 SAMAÍN 2019

Canta escuridade! Cabazas por todas partes cunha pinta que mete medo e algún que outro esqueleto.. Chegou o Samaín!

O alumnado transformouse en seres arrepiantes e Sabela Gago veu contarnos un conto.

Non te perdas a nosa tradicional exposición de cabazas! Grazas ás familias pola súa colaboración na ambientación do colexio.

 

Ver fotos Samaín na galería fotográfica

 EXPOSICIÓN DE CABAZAS

Ver fotos na galería fotográfica

Obradoiro de galletas de cabaza

OBRADOIRO DE GALLETAS DE CABAZA

Hoxe festexamos o Samain e ademáis puxémonos de reposteiros facendo galletas con cabaza.

Mesturamos os ingredientes e elaboramos unhas galletas que logo degustamos.

Felíz Samaín a todos e todas!

Animación á lectura con Ángeles Escribano

Animación á lectura con Ángeles Escribano

Hoxe luns, os alumnos e alumnas de 1º e 2º de Primaria tivemos a sorte de poder gozar coa presenza no noso cole de Ángeles Escribano. Ela, acompañada de Igor, o seu lobo de conto, contounos historias e contos como Palabras con corazón, Las uñas de colores, Cuquedo e La ola. Tamén nos fixo viaxar coa poesia e presenza dixital do poeta Juan Carlos Martin co seu libro La alfombra mágica

Foi unha mañá de conto!

 

Ver fotos na galería fotográfica

Sementes de outono

Sementes de outono

Chegou a tempada de arranxo da horta escolar para sementar os froitos de outono. Os nenos e nenas de 2ºA, traballaron nela e sementaron rabanitos e grelos.

Agora coidarémola con agarimo e esperaremos os froitos!

Ver fotos na galería fotográfica

Xogaloita

O ALUMNADO DE 4º EN XOGALOITA

A nosa futura participación no programa de Xogade: Xogaloita, co alumnado de 4º de primaria iniciouse coa presenza dun adestrador de loita (Juan) no noso centro o pasado 26 de setembro.

As actividades propostas foron do agrado dos nenos e nenas e, ademais, preparámonos para a futura participación nunha actividade con outros centros da nosa contorna.

 
Ver fotos na galería fotográfica

Obradoiro cociña

OBRADOIRO DE MARMELO EN 1º E 2º

O outono xa chegou cos seus froitos. O alumnado de 1º e 2º recolleu os marmelos do cole e elaboramos a receita, para poder degustar un delicioso marmelo nas nosas aulas.

Bo proveito ao outono!

Ver fotos na galería fotográfica

Fondo solidario de libros

INICIO CURSO

ENTREGA DOS LIBROS DO FONDO SOLIDARIO

As familias do alumnado de 3º a 6º que teña dereito a libros do fondo solidario deberán pasar a recollelos no colexio nalgún dos seguintes días:

  • Mércores, 11 de setembro: á entrada (ás 9 horas).
  • Xoves, 12 de setembro: á entrada (ás 9 horas).
  • Venres13 de setembro: á entrada (ás 9 horas).

Os libros entregaranse soamente á nai, ao pai, ao titor ou á titora legal, que deberá asinar un documento de compromiso.

*En caso de que a nai, pai, titor ou titora legal non poida vir nos días fixados, poderá delegar esta función noutra persoa mediante unha autorización formal por escrito (descargar modelo de autorización no documento adxunto ou solicitar un impreso en secretaría).

 

IMPORTANTE: Nas asignaturas nas que en vez dun libro haxa tres (un por cada trimestre), soamente se entregará o libro correspondente ao primeiro. Ao remate de cada trimestre o alumno ou alumna deberá devolver o libro e, cando o entregue, daráselle o seguinte.

*A persoa que recolla os libros levará todos para forralos e etiquetalos e deberá devolver, ao titor ou titora, os do segundo e terceiro trimestre para que queden na aula.

DOCUMENTO ADXUNTO:

- Autorización para que outra persoa adulta recolla e asine en nome do pai/nai/titor/titora legal.

2º recicla con Dinoseto e Dinosetiño

2º recicla con Dinoseto e Dinosetiño

O pasado 24 de xaneiro viñeron ao centro Dinoseto e Dinosetiño para falarnos do mellor xeito de reciclar. Nas clases de 2º de primaria, esta foi a experiencia.

A nena e o grilo máis aló

A nena e o grilo máis aló

O vindeiro martes 17 de decembro, as nenas e nenos de 2º de primaria, van asistir á representación de A nena e o grilo do músico e escritor Magín Blanco, encadrada na programación de Afundación. É unha obra que mestura música e teatro para tratar temas de diferente magnitude como a tolerancia, a amizade, a cooperación e a superación.

     A programación educativa de Afundación busca “establecer valores na aprendizaxe, favorecendo o pleno desenvolvemento na transición cara a idade adulta. Concretamente, esta obra trata o respecto á natureza, afondando na importancia de reducir, reempregar e reciclar; a convivencia ou a necesidade da interacción entre as persoas e o medio ambiente”.

Radio Celio

RADIO CELIO

O venres 25 Radio Celio retrasmitiu o primeiro programa deste curso 2019-2020 dando as noticias máis importantes ata o momento e, como novidade, os rapaces e rapazas de 6ºA, deleitáronnos cunha cantiga preparada na aula de Música.

Preme na imaxe para escoitar o programa.

 

Distribuir contido


Tfno: 986 29 80 58 - Fax: 986 24 42 49

Rúa O Porriño s/n - 36209, Vigo - Pontevedra

by Dr. Radut