Skip to Content

Programa da Festa de Nadal e felicitacións

Xa chega o final deste trimestre, do que conseguimos con éxito chegar ao seu remate.

Este martes teremos o festival online, e aqui presentámosvos o programa asi como as recomendacións de Biblioteca para o Nadal e a felicitación das mestras e mestres.

 

Covid-19

REPARTO MÁSCARAS

Estimadas familias.
A partir do mércores 16 de decembro, procederáse ao reparto das máscaras entre o alumnado que resultou beneficiario das axudas de material escolar. 
  • Ao alumnado de 1º, 2º e 3º, que non teñan irmáns nos cursos superiores, entregaránselles esta semana previa cita telefónica.
  • O alumnado de 4º, 5º e 6º será avisado proximamente.

Un saúdo.
O equipo directivo.

Características e instrucións de uso das máscaras

Mes da ciencia en galego 2020

O pasado mes de novembro foi dedicado a celebración do mes da ciencia, na que homenaxeamos ao investigador Ernesto Viéitez. 

 

Maratón solidario

A climatoloxía impediu correr ao alumnado de 1ºB, 2ºA, 5ºA e 5ºB.

A vindeira semana, contra vento e marea, remataremos o Maratón Solidario.

Postais Nadal

Como cada ano o alumnado do centro realiza postais de Nadal, que antes expoñíamolas nos taboleiros, e hoxe  en tempos Covid mostrámolas neste video. O equipo de extraescolares escollerá unha de cada clase para confeccionar o calendario do ano 2021.

Moitas grazas a todos/as por participar!

Maratón solidario

PONTE EN MARCHA!

PATROCINA A UN CORREDOR OU CORREDORA!

Ler máis...

Únete ao maratón solidario co teu patrocinio!

 

Correo electrónico para resolver dúbidas: maratonsolidario@cepcef.es

Cando se celebra?

  • No mes de decembro dentro das horas de Educación Física.

En que consiste o maratón?

  • Alumnado de 1º, 2º e 3º: realizará como mínimo unha volta ao circuito.
  • Alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º: cada participante correrá un quilómetro. Entre todo o alumnado do nivel chegarán aos 42,195 qms.

Como recadamos fondos para o banco de alimentos?

  • Cada corredor ou corredora buscará patrocinios no seu entorno familiar ou amizades. Cada volta que faga ao circuito do cole (200 metros), o patrocinador ou patrocinadora entregará á persoa patrocinada a cantidade que estime oportuna.
  • Cada alumno ou alumna disporá dunha tarxeta onde se indicarán os patrocinios coas sinaturas correspondentes por cada volta dada ao circuito.
  • O patrocinador ou patrocinadora fará entrega da cantidade acadada polo corredor ou corredora cando sexa informado polo centro das voltas conseguidas. O corredor ou corredora fará chegar esta cantidade ao centro.
  • Con toda a recadación farase un ingreso no banco de alimentos de Vigo.

Enlace á carta dirixida ás familias

Todas e todos sumamos nesta causa!

Clases non presenciais

HORARIOS ESPELLO

Publicamos os horarios que regularán a actividade lectiva non presencial para 3º, 4º, 5º e 6º en caso de peche das aulas presenciais. A actividade virtual terá lugar na Aula Virtual e a través de videoconferencias co servizo Cisco Webex.

Estes horarios serán de obrigado cumprimento para alumnado e profesorado.

Establecerase un control de asistencia mediante as ferramentas habituais a través da aplicación Xade e haberá que xustificar as faltas.

  • Carta dirixida ás familias: Enlace

Adeus violencia de xénero

O 25 de novembro é o Día Internacional contra a Violencia de Xénero.

No cole este ano quixemos darlle voz a nosa Rosalía de Castro cun poema adaptado e interpretado polo alumnado de 2º A.

 

 

Covid-19

SOLICITUDE MÁSCARAS

Publicada  a Orde do 6 de novembro do 2020, pola  que se regulan os criterios e procedementos de distribución de máscaras entre o alumnado. (código de procedemento ED330E).  Enlace

Diversidade

CHARLA ASOCIACIÓN ARELAS

Estimadas familias:

A diversidade é unha realidade tanxible que se vive na escola e é, polo tanto, un valor positivo que se debe aprender dende as etapas iniciais do sistema educativo polo que o vindeiro martes, 17 de novembro, o alumnado de 4º, 5º e 6º asistirá a unha charla on line coa presidenta da asociación ARELAS seguindo o Protocolo Educativo para garantir a igualdade, a non discriminación e a liberdade de identidade de xénero.

Un saúdo

O equipo directivo

 

Distribuir contido


Tfno: 986 29 80 58 - Fax: 986 24 42 49

Rúa O Porriño s/n - 36209, Vigo - Pontevedra

by Dr. Radut