Skip to Content

MATRÍCULA EDUCACIÓN INFANTIL E PRIMARIA

Do 20 ao 30 de xuño é o prazo para realizar a matrícula do alumnado que ven novo ao  CEP de Caldelas, tanto de Infantil como de Primaria. 

Podedes descargar o impreso de matrícula (aparece tamén a documentación a entregar) no documento adxunto, na sección de descargas ou vir a recollelo polo centro.

Estaremos todo o mes de XUÑO de 9:00 a 14:00 e os martes pola tarde, de 16:00 a 19:00. O martes 29 non haberá atención en horario de mañán. E en XULLO de 10:00 a 14:00. O venres 9 de xullo será o último día de atención. Se precisades outro horario, concertade cita por teléfono.

AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO (1º,2º), FONDO SOLIDARIO (3º,4º,6º) E AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR

Orde 6 de maio de 2021, publicada no DOG do 20 de maio.

Poden pedir estas axudas todo o alumnado que esté matriculado en 1º, 2º, 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria e lles correspondan pola renda familiar.

O alumnado que vaia para 5º terá libros dixitais (E-DIXGAL). Non participa no fondo solidario, pero sí pode pedir as axudas para material escolar se lle corresoponden pola renda familiar.

Os ANEXOS I e II lles serán entregados ao alumnado, ou podedes recollelos no colexio ou descargalos en www.edu.xunta.es/fondolibros

Pódense presentar, xunto co resto de documentación, no propio colexio ou na Sede Electrónica da Xunta (https://sede.xunta.gal)

O prazo máximo para a entrega é o MARTES 22 DE XUÑO INCLUÍDO.

No arquivo adxunto tedes toda a información resumida.

LISTAXE DEFINITIVA DE ALUMNADO ADMITIDO NO CURSO 2021/2022

Informamos que a totalidade dos 23 alumnos/as de educación infantil e primaria que fixeron solicitude de admisión no noso cole para o curso 2021/2022, FORON ADMITIDOS.

Recordar que ditos alumnos/as admitidos, deberán facer a matrícula do 20 ao 30 de xuño. O impreso de matrícula xunto coa documentación a entregar estará colgada na web do centro (menú Documentos >>> Descargas) ou poderá recollerse en secretaría.

"DIGICRAFT NO TEU COLE" NO CEP DE CALDELAS

O noso centro foi admitido para participar no Proxecto Digicraft co alumnado de 5º e 6º de Primaria. Trátase  dun programa de formación e reforzo das habilidades dixitais e das competencias asociadas. Durante este terceiro trimestre o alumnado de 5º e 6º  levarán a cabo actividades con portátiles, inicio de linguaxe de programación e outras tarefas relacionadas. Tedes máis información no arquivo adxunto e no enlace: 

http://www.edu.xunta.gal/portal/Digicraft

 

PERIODO DE ADMISIÓN NO CEP DE CALDELAS DO 1 AO 22 DE MARZO DE 2021

Do 1 ao 22 de marzo de 2021 está aberto o periodo de admisión para novo alumnado que se incorpore ao noso cole. Deben facer esta admisión todos os nen@s que veñan novos para Educación Infantil ou Primaria.

Nos arquivos que adxuntamos na parte de abaixo, tedes a documentación a presentar e o Anexo II de admisión.

Aclarar que os que veñen do CRA Mestra Clara Torres para 1º de primaria e o alumnado que está actualmente no noso cole, non terán que facer este trámite.